Estratexia

Innovación

Turismo

…dando voltas ao turismo

Os nosos clientes son empresas e destinos turísticos que precisan solucións para reorientarse e evolucionar.

Apostamos pola innovación e as novas tecnoloxías como instrumentos fundamentais para o cambio deseñando estratexias que nos permitan construír proxectos sólidos e sostibles.

Gústanos estar presentes durante todo o proceso construíndo relacións a longo prazo.

Consultoría de turismo en Galicia

ESTRATEXIA

Plans e estratexias adaptados á realidade de cada cliente. Cunha metodoloxía onde prima o traballo de campo, a participación e o desenvolvemento de propostas realistas.

FORMACIÓN

Resolvemos as necesidades formativas dos nosos clientes aplicando múltiples formatos e niveis de personalización. Oganización de eventos, congresos e seminarios.

CALIDADE

Especialistas na implantación do SICTED e na Certificación Biosphere en destinos turísticos cubrindo todos os ciclos de xestión, formación, asesoría e avaliación.

CREACIÓN E DESENVOLVEMENTO DE MARCA TURÍSTICA

Achegamos unha nova identidade aproveitando os seus aspectos característicos. Unha marca que permita transmitir ao receptor a verdadeira imaxe do destino facilitando o seu posicionamento no mercado.

MARKETING TURÍSTICO E PLANS DE DINAMIZACIÓN

Plan de marketing, comercialización de produto, identidade corporativa e todo o necesario para destacar, situarse e vender. Servizo integral para destinos onde ensinamos a ser máis sustentables e a convertir recursos en produtos turístico.

DESENVOLVEMENTO DE PRODUTOS TURÍSTICOS

Estudos de mercado e de impacto turístico. Deseño, desenvolvemento e posta en marcha de produtos turísticos equilibrados, sustentables e adaptados ás características de cada momento e mercado.

“O turismo sustentable é o que ten plenamente en conta as repercusións actuais e futuras, económicas, sociais e ambientais para satisfacer as necesidades dos visitantes, da industria, da contorna e das comunidades anfitrioas”

Organización Mundial do Turismo

Principais Clientes

Blog

Tes un proxecto? Contacta con nós

Contacto