Informe de complexo turístico en Chandrexa de Queixa
A petición do concello de Chandrexa de Queixa elaboramos un informe co fin de realizar unha análise descritiva das potenciais necesidades do complexo turístico situado no poboado construído pola empresa Saltos do Sil durante a década dos 50 do século XX, para o inicio da súa actividade.
Levouse para elo a cabo un estudo das diferentes unidades que compoñen o complexo e realizouse unha estimación de necesidades para a súa posta en marcha e unha previsión de resultados.
Finalmente, con toda a información recollida e analizada, propuxéronse tamén unha serie de recomendacións.