Xeodestino Terra de Celanova-Serra do Xurés

Colaboramos co xeodestino Terra de Celanova-Serra do Xurés dando apoio á creación, xestión e promoción turística. O destino oferta unha rica variedade de recursos turísticos, a partir dos cales se crearon 4 rutas turísticas.    

Traballouse tamén nunha iniciativa de geocaching. O geocaching é a actividade de moda que consiste en atopar “tesouros” coa axuda do GPS do noso smartphone. Desta forma, engádeselle un compoñente lúdico a cada unha das rutas. En cada unha delas escondéronse cachés en polo menos 9 localizacións, facendo máis atractiva a chegada a estes puntos como parte da experiencia geocaching.

Autoxiro colaborou neste proceso, na elaboración das rutas e especialmente na ubicación dos cachés. Tamén durante o 2020 participou en actividades formativas, así como na promoción do xeodestino vía redes sociais e páxina web.

Promocionar e descubrir o territorio deste xeodestino a través dunha nova experiencia foi o obxectivo deste proxecto.


Ano: 2020-2021

Cliente: Xeodestino Terra de Celanova-Serra do Xurés

Privacy Settings
We use cookies to enhance your experience while using our website. If you are using our Services via a browser you can restrict, block or remove cookies through your web browser settings. We also use content and scripts from third parties that may use tracking technologies. You can selectively provide your consent below to allow such third party embeds. For complete information about the cookies we use, data we collect and how we process them, please check our Privacy Policy
Youtube
Consent to display content from Youtube
Vimeo
Consent to display content from Vimeo
Google Maps
Consent to display content from Google