Blog

Explorando o mundo turístico con Autoxiro

En Autoxiro Turismo apasionámonos compartir a nosa experiencias e logros a medida que avanzamos na intersección entre a tecnoloxía e a consultoría turística. ¿Queres saber que estivemos facendo ultimamente? ¡Aquí tes un resumen das nosas aventuras más recentes!

SICTED reinvéntase: unha evolución necesaria (e oportuna) para o turismo actual

Tras a nosa asistencia ao último Foro SICTED, dende Autoxiro Turismo compartimos algunhas reflexións sobre o novo modelo SICTED, a nova plataforma e os cambios que afectan tanto aos destinos como ás empresas turísticas.

SICTED necesitaba unha actualización. E chega, aínda que con certo atraso, nun momento moi oportuno para o sector turístico, onde a dixitalización, a sustentabilidade e a xestión eficiente xa non son unha opción, senón unha necesidade.

Somos tamén conscientes do enorme esforzo que hai detrás deste proceso, liderado por SEGITTUR: non só polo desenvolvemento dunha nova plataforma, senón pola complexidade de migrar toda a información existente e, sobre todo, de repensar o modelo para facelo máis sinxelo, útil e adaptado á realidade actual de destinos e empresas.

Imaxe renovada para unha nova etapa

Un dos cambios máis visibles do novo modelo SICTED é a súa nova identidade visual. O redeseño do logo e da mensaxe asociada non é só un cambio estético, senón unha declaración de intencións.

O novo enfoque de SICTED —Sustentabilidade, Intelixencia e Calidade Turística no ecosistema do destino— reflicte claramente cara onde quere evolucionar o programa.

Dende o noso punto de vista, é un acerto. Renovar a imaxe axuda a comunicar que hai un cambio real detrás, algo necesario para volver conectar con empresas e destinos.

Modelo máis práctico e centrado no día a día

Máis alá da imaxe, o novo modelo SICTED introduce cambios importantes na forma de traballar:

  • Nova plataforma dixital, máis visual e centralizada.
  • Mellor organización da información e dos procesos.
  • Maior trazabilidade do traballo de xestores e empresas.
  • Un enfoque máis claro cara á mellora continua.

A sensación xeral é que se tentou simplificar o modelo e facelo máis manexable, algo necesario despois de anos nos que, en moitos casos, se volvía demasiado complexo ou pouco práctico.

Outro cambio relevante é a actualización da presenza dixital do programa. A antiga web www.calidadendestino.es deixa paso á nova dirección sicted.es, máis clara e aliñada coa nova etapa do modelo. Ademais, habilítase un novo correo de soporte (info@sicted.es) como canle principal para a xestión de dúbidas e incidencias.

Novidades no proceso: máis claridade nas fases

Entre as novidades máis relevantes do novo modelo SICTED, destaca a reorganización das fases e do traballo a realizar:

  • Na fase de distinción realizaranse 3 asistencias técnicas individuais (ATI).
  • Na fase de renovación, que pasa a ser cada 3 anos (non cada 2), realizarase 1 ATI.

Este cambio propón un modelo máis equilibrado, con máis acompañamento na fase inicial e un mantemento máis razoable no tempo.

Un “reinicio” que pode reactivar o programa

Un dos aspectos máis interesantes deste novo modelo SICTED é que pode supoñer un punto de inflexión.

Nos últimos anos, algunhas empresas acabaran vendo SICTED como un proceso rutineiro, con pouco percorrido ou excesivamente burocrático. Este cambio pode servir para que moitas delas volvan implicarse, lle dean unha nova oportunidade ou, simplemente, revisen a súa participación.

Ao mesmo tempo, este “reinicio” pode atraer novos destinos e empresas con máis motivación e ganas de traballar a calidade turística desde un enfoque máis práctico.

Outras iniciativas que achegan valor: Premios Egeria

Durante o Foro tamén se puxo en valor o papel de iniciativas como os Premios Egeria ao turismo responsable, que recoñecen boas prácticas dentro do programa.

O nome non é casual. Egeria está considerada a primeira viaxeira documentada da historia e, ademais, estamos convencidos de que era galega, o que lle dá un relato atractivo e moi doado de comunicar. Pero máis alá do anecdótico, este tipo de iniciativas axudan a visibilizar o traballo ben feito, compartir exemplos reais e xerar referencias positivas dentro da rede SICTED.

Máis alá da metodoloxía, este tipo de recoñecemento é clave para motivar a empresas e destinos.

Período de adaptación, clave nos vindeiros meses

Como en calquera cambio deste tipo, o novo modelo SICTED chega acompañado dun período de transición no que convivirán novas ferramentas, axustes e desenvolvementos en marcha.

Nos vindeiros meses iranse incorporando funcionalidades á plataforma, polo que será importante acompañar ben aos destinos e ás empresas nesta fase inicial, reducindo incertezas e facilitando a adaptación.

Conclusión: unha oportunidade que paga a pena aproveitar

En definitiva, dende Autoxiro Turismo esperamos que esta nova plataforma funcione ben no día a día, que sexa práctica e que realmente facilite o traballo de destinos e empresas.

Se isto se consegue, xunto coa metodoloxía renovada, o novo modelo SICTED pode converterse nunha ferramenta moi útil para todos os que participan no programa. Será interesante ver como evoluciona nos próximos anos e o percorrido real que vai tendo sobre o territorio.

Necesitas axuda co SICTED?

En Autoxiro Turismo levamos anos traballando na implantación, seguimento e mellora do SICTED en distintos destinos. Se precisas acompañamento nesta nova etapa, estaremos encantados de axudarche a adaptarte ao novo modelo e sacarlle o máximo partido.

Comezamos un novo proxecto para a calidade e a sustentabilidade turística na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

Formación en calidade -SICTED- e sustentabilidade turística para o empresariado local

Desde Autoxiro Turismo poñemos en marcha un novo proxecto no marco da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, centrado na mellora da calidade e da sustentabilidade do sector turístico local. Trátase dunha acción estratéxica que combina formación, acompañamento e certificación para empresas turísticas do territorio. Read More

O destino Ferrol segue apostando pola calidade turística coa concesión de 4 novos distintivos SICTED

Ferrol da un novo paso cara a calidade turística

O pasado venres, 25 de abril , Ferrol desmostrou seguir na senda cara unha xestión turística de excelencia coa entrega dos distintivos do Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos (SICTED) das empresas que lograron a certificación no ano 2024. O acto tivo lugar no salón de recepcións do Palacio Municipal de Ferrol, congregando alí a representantes institucionais, empresarios e profesionais do sector turístico.

Autoxiro Turismo, colaborador no proceso

Desde Autoxiro Turismo, somos conscientes da importancia da implantación do SICTED no destino e, como non podía ser doutra maneira, estamos orgullosos de ter colaborado coas empresas e institucións neste proceso, con toda a responsabilidade que implica. Sen dúbida, Ferrol é un destino moi importante en Galicia, tanto no ámbito industrial como no ámbito turístico, e unha peza clave para o desenvolvemento do turismo a nivel autonómico. Para a consecución dos obxectivos marcados, é de agradecer o traballo e a dedicación de cada un dos establecementos de Ferrol para acadar finalmente este recoñecemento. Read More

A Costa da Morte reafirma o seu compromiso coa calidade turística coa entrega de 35 novos distintivos SICTED

Un novo impulso á calidade turística na Costa da Morte

Este mércores 9 de abril, a Costa da Morte deu un paso máis na súa aposta por un turismo de excelencia coa entrega dos distintivos do Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos (SICTED) das empresas que lograron a certificación no ano 2024. O acto tivo lugar no Centro Sociocultural de Baio (Zas), congregando representantes institucionais, empresarios e técnicas do sector. Read More

Ecostars, un certificado de sostenibilidade hoteleira de evaluación sinxela e dixital

Que é o Certificado Ecostars?

Ecostars trátase dunha certificación de sostenibilidade específica para hoteis que otorga eco-estrelas en función do impacto medioambiental por estancia que ten un hotel.

Esta certificación representa unha gran oportunidade para que, dunha forma sinxela e cun proceso totalmente online, os hoteis teñan a oportunidade de mostrar o seu compromiso medioambiental aos clientes que decidan hospedarse no seu establecemento. Ademáis, Ecostars é recoñecido por organizacións internacionais como a Organización Mundial do Turismo (OMT/UNWTO) e os seus estándares foron recoñecidos como equivalentes polo Global Sustainable Tourism Coincil (GSTC) – “GSTC Recognition”. Read More

A Estratexia de Turismo de Galicia 2030: Unha aposta por un turismo auténtico e sostible

O pasado venres, 27 de setembro asistimos á presentación en Ferrol a nova Estratexia de Turismo Galicia 2030, unha folla de ruta para os próximos seis anos elaborada pola Xunta de Galicia en colaboración co Clúster do Turismo de Galicia. Esta estratexia ten como obxectivo principal promover un turismo auténtico e sostible, coa hospitalidade como un dos piares fundamentais, e que beneficie a todo o territorio galego. Contempla un investimento de máis de 1.000 millóns de euros.

O proceso de creación desta estratexia partiu dun diagnóstico amplo, no que participaron máis de 1.000 profesionais do sector a través de diversos grupos de traballo. Os seus obxectivos prioritarios inclúen o impulso do turismo sostible, o crecemento en áreas onde máis se necesita, e unha aposta clara polo turismo no rural e no litoral, promovendo así un turismo desestacionalizado e internacional que fomente a convivencia harmoniosa coas comunidades locais. Read More

Autoxiro Turismo participa na presentación do proxecto RENTURS da Universidade de Vigo

Estamos encantados de ter asistido á presentación do proxecto de Turismo Sostible RENTURS, liderado polo grupo de investigación Emitur – Marketing e Turismo, da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do Campus de Ourense, con Diego R. Toubes como investigador principal. Xunto a el participan os investigadores Elisa Alén, Trinidad Domínguez e Pablo de Carlos, así como o equipo técnico formado por Santiago Pérez, Iago Barreiro e Sergio Martínez. Un proxecto moi interesante para o sector, que conta con financiamento do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo da Unión Europea a través do programa Next Generation EU. Read More

O sector turístico ante o reto da IA

O sector turístico ante o reto da IA

ITH e Plataforma Tecnolóxica de Turismo – Thinktur presentaron o pasado 25 de xaneiro no marco de FITURTECHY, o eBook “O sector turístico ante o reto da IA”. Elaborado polo Grupo de Centros Tecnolóxicos Turísticos, de Thinktur, este eBook analiza diferentes tendencias, neste caso sobre o uso e aplicación da intelixencia artificial.

O sector turístico experimentou unha notable transformación debido á integración da Intelixencia Artificial (IA) en diversos ámbitos. Aínda que as expectativas iniciais eran altas e algunhas áreas aínda requiren desenvolvemento, é evidente que a IA influíu positivamente na personalización da experiencia, na eficiencia do servizo ao cliente e na predición de tendencias. Non obstante, existen retos éticos e sociais que deben ser abordados con urxencia. Read More

Descubrindo o Turismo do Futuro: Autoxiro Turismo en Fitur 2024

En Autoxiro Turismo, como consultora de turismo en Galicia, sentímonos orgullosos de ter participado recentemente nun dos eventos máis importantes do sector turístico: Fitur 2024. Este evento, que tivo lugar en Madrid, foi unha oportunidade excepcional para compartir a nosa paixón e compromiso co turismo sostible e innovador.

Durante a nosa participación na Fitur 2024, tivemos o privilexio de acompañar a varios dos destinos e proxectos cos que colaboramos estreitamente. Entre eles, destacamos a nosa colaboración co Concello do Carballiño e o Concello de Allariz na elaboración do Plan de Sostibilidade Turística en Destino PSTD. Este plan representa un paso crucial cara a un turismo máis responsable e respectuoso co entorno na encantadora rexión de Galicia. Read More

96 Millóns de Euros a Dixitalización dos Destinos Turísticos

O Ministerio de Industria e Turismo anuncia unha importante inxección económica de 96 millóns de euros destinada á dixitalización dos destinos turísticos (Destinos Turísticos Intelixentes). Estes fondos proceden do Plan de Recuperación e teñen como obxectivo principal impulsar o despregamento de plataformas intelixentes que contribúan á transformación dixital do sector turístico. Read More