Nun momento no cal moita xente di que os temas relacionados coa xestión da calidade non están de moda, que son meros procesos administrativos e que toca buscar novos paradigmas, queremos reivindicar a utilidade dun veterano programa promovido por la Secretaría de Estado de Turismo e a FEMP: o SICTED

Qué é o SICTED?

SICTED é o acrónimo de Sistema Integral de Calidade Turística en Destino. Neste sistema, a diferencia doutros que están orientados a empresas a título individual, o principal beneficiario é o destino en conxunto. Outra característica é o seu carácter integral dando cabida a axentes que non sempre estiveron  considerados integrantes do sector turístico como comercio, adegas, taxis, policía local ou empresas de limpieza municipal. O SICTED foi evolucionando e actualmente permite diferenciar ata 32 oficios, así que pode ofrecer solucións adaptadas ás necesidades de boa parte das empresas que operan en calquera destino.

Todo o  proceso xira arredor da implantación de boas prácticas, da formación e da mellora continua. Todas están recollidas nun manual que incorpora boas prácticas intersectoriales, especificas do oficio principal e complementarias. O manual tamén incorpora un capítulo de implantación voluntaria con prácticas de xestión avanzada.

Cómo se pon en marcha o proceso?

A iniciativa para solicitar a implantación do SICTED corresponde ao ente xestor do destino (Concello, Mancomunidade ou Diputación Provincial), que ten a obriga de coordinar todo e proceso. Para acadar o éxito na implantación é necesario establecer mecanismos de cooperación público-privada.

Unha vez que o destino comunica á Secretaría de Estado de Turismo o interese en participar no SICTED ten que nomerar a unha persoa responsable de xestionalo. Esta persoa debe tener vinculación laboral co ente xestor, así como ter realizado o curso de formación específica que a Secretaría convoca periódicamente. 

O seguínte paso é a constitución dunha “Mesa de calidade” onde estén representados os axentes do destino turístico. Deben organizarse accións de presentación e captación dirixidas a empresas potencialmente interesadas. Para entrar no sistema, os participantes seleccionados teñen que asinar un protocolo de adhesión.

A partir deste momento, o proceso está perfectamente pautado. O primeiro obxectivo das empresas participantes é conseguir a distinción, para o cal poden acollerse a dous modelos de implantación.

Modelo de implantación 4+2 ciclos

Este modelo susténtase nunha planificación de ciclos anuais. En cada ciclo combínase a formación con outras ferramentas, como a implantación do manual de boas prácticas, as asistencias técnicas individualizadas, a participación en talleres colectivos, os grupos de mellora, a elaboración e implementación dun plan de mellora e as evaluacións externas.

Os requisitos para completar cada ciclo están resumidos no seguinte cadro:

 

Modelo de implantación acelerada (AI)

O modelo de implantación acelerada consta inicialmente de dous ciclos: ciclo de aceleración (ciclo A) e ciclo de distinción acelerada (ciclo DA). A planificación deste modelo estructurase nun só ciclo durante o cal o establecemento deberá cumprir tódolos compromisos e requisitos que permitirán a distinción e, nunha segunda fase, a entrada nos ciclos de mellora continua (seguemento e renovación). Este ciclo de aceleración (ciclo A) fusiona os compromisos dos 4 primeros ciclos do modelo de implantación 4+2 ciclos.

Os requisitos para completar cada ciclo están resumidos no seguinte cadro:

 

En ambos modelos as empresas que contan coa “Q” teñen convalidados varios destes requisitos.

As empresas que superan o ciclo reciben o distintivo no formato máis adecuado, en función da actividade: pegatina para un taxi, placa para un hotel ou “pin” para un guía turístico. Tamén poden incorporalo aos elementos de comunicación da empresa como  web, folletos, facturas ou correos electrónicos.

¿Vantaxes e inconvenientes do SICTED?

Vantaxes:

  • Dispor dunha guía de boas prácticas para mellorar a organización das empresas e as relacións con clientes e proveedores.
  • Implantar ferramentas orientadas á localización de áreas de mellora a partir das opiniones dos clientes.
  • Dispor dun distintivo de recoñecemento da calidade avalado pola Secretaría de Estado de Turismo.
  • Para o destino, unha ferramenta para a cooperación público-privada e un punto de encontro e intercambio para os axentes turísticos.
  • No caso de Galicia, mellora na puntación dos proxectos presentados a distintas convocatorias para concellos dende a Axencia de Turismo de Galicia.

Inconvenientes:

  • A visión integradora do sistema provoca que o manual de boas prácticas sea parecido para, por exemplo, un gran hotel de cadena que para una pequena pensión familiar.
  • Manual pouco actualizado no apartado de novedades tecnolóxicas e novas tendencias do mercado turístico.
  • Escaso seguimento da evolución das empresas nalgunas fases da implantación, sobre todo nos ciclos de renovación e seguimiento.
  • Escaso recoñecemento entre o público dos beneficios do distintivo.

A superación destes inconvenientes e a potenciación das vantaxes depende en gran medida da capacidade de traballo do xestor e da coordinación e nivel de implicación do sector privado.

En Galicia, existen actualmente 10 destinos SICTED:

  • Provincia de Pontevedra – Rías Baixas.
  • Sanxenxo
  • Baiona
  • Terras de Pontevedra Norte – Deza Tabeirós
  • Terras do Condado – A Paradanta
  • Guitiriz
  • Ferrol
  • Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
  • Santiago de Compostela
  • Terras de Compostela

Cada destino ten as suas peculiaridades en función da fase de implantación, número de empresas participantes e da continuidade na aplicación do programa. O número de destinos duplicouse nos últimos años e somos coñecedores do interese de varios para arrancar o proceso. Sanxenxo é un caso de éxito, pois resultou galardonado como o “mellor destino SICTED de 2015” e a sua xerente, Romina Fernández, primeira finalista como mellor xestora. Recolleron o galardón na feria de FITUR celebrada en Madrid, primeira feira con participación de Autoxiro.

Si eres una empresa ou un ente xestor dun destino turístico e precisas información máis detallada do SICTED, podes consultar a páxina oficial do sistema ou poñerte en contacto con AUTOXIRO. Estaremos encantados de asesorarte e resolver as tuas dúbidas.