Os vídeos son unha das ferramentas máis empregadas para a promoción dun destino turístico. Existen multitude de formatos e tantas posibilidades como a creatividade e o orzamento dispoñible o permitan.

Para acadar bos resultados sería ideal que a decisión de producir un vídeo se tome a partir da existencia dunha estratexia ou folla de ruta para o desenvolvemento turístico de cada cidade/destino/provincia. É moi necesario que a estratexia teña en conta o deseño dun plan de difusión para que os vídeos acaden o maior alcance posible e cheguen no momento adecuado ao noso público obxectivo.

Tamén que como paso previo traballemos a definición dos nosos produtos, posicionamento, marca, mensaxe, público obxectivo e canles de distribución entre outros.

Recollemos nesta entrada unha serie de vídeos que foron presentados nos últimos meses por varios destinos galegos. Cada vídeo é diferente aínda que contan con algúns rasgos comúns que pasamos a enumerar sin afán de facer unha crítica en profundidade nin entrar en valoracións técnicas nin artística.

  1. Emprego de xornalistas ou caras coñecidas do mundo televisivo. Nesta selección aparecen como protagonistas Luis Fraga, Belen Xestal, Martín Barreiro ou Laura Opazo. Cada un no seu papel exercen como anfitrións e mostran os “segredos” de cada destino.
  2. Uso intensivo do dron. As imaxes aéreas empregando un dron xa están normalizadas en calquera producción audiovisual. Moitos vídeos usan este recurso para mostrar paisaxes dende un punto de vista diferente que sorprende. Advertimos que o uso en exceso de dron pode provocar o efecto contrario con planos repetitivos que ralentizan o ritmo dos vídeos.
  3. Intento de contar unha historia. Os protagonistas, de forma directa ou través dunha voz en off, intentan contar unha historia que enganche aos espectadores. Buscan unha optica emocional para achegarse ao destino ofrecendo vivencias transformadoras a nivel emotivo e vital.
  4. Intención de ensinar todo o que se pode facer no destino. Natureza, arte, gastronomía, praias, deporte, museos, compras,… todas as posibilidades do destino nun mesmo vídeo.  Esta é tendencia en casi tódolas propostas aínda que tamén sería interesante atopar propostas que concentren as mensaxes en productos e experiencias máis concretas.
  5. Vídeos longos (moi longos) Pode que a “necesidade” de incluir o maior número de atributos do destino obrigue a alongar as metraxes ata rondan os tres minutos e incluso seis ou doce! Algúns contan con versións reducidas aínda que non sempre conseguen transmitir a mesma mensaxe que os vídeos “completos”.
  6. Poucas visualizacións nas cales de vídeos. Aínda que esta apreciación e subxectiva sorprende o reducido número de visualizacións dalgúns vídeos na canle de youtube. Sabemos que as visualizacións reais son maiores pois cada peza ten varios formatos e tamén son consumidos a través de outras plataformas como facebook.  Os máis recentes pode que acumulen máis visitas nas próximas semanas pero o ideal sería que o esforzo da fase producción se vira compensado cunha boas cifras de visualizacións a partir do deseño dunha estratexia para a difusión.

 

A CORUÑA #sempreaberta

A Coruña estreou marca e lema que xa forma parte deste vídeo que foi realizado con motivo da presentación da cidade na feira de Fitur 2018.

Planos aéreos e imaxes que recorren as múltiples posibilidades de ocio da cidade a través dunha parella que chega por separado (aparentemente) e de tanto atoparse acaba xuntos por influxo de María Pita e Iván Domínguez despedindo a xornada abrazados contemplando o solpor no Atlántico.

FERROL é un agasallo.

Luis Fraga exerce de anfitrión de Belén Xestal a que agasalla co descubrimento da súa terra. En parella realizan un completo percorrido por Ferrol onde se visualizan as praias e a ría. Tamén moito do patrimonio ferrolá como o Barrio da Magdalena, o Museo da Contrucción Naval ou o Castelo de San Felipe. As posibilidades ocio e a gastronomía tamén quedan recollidas neste vídeo que conta cunha versión en galego e outra en español. O propio Luis Fraga comenta os detalles da rodaxe no seu blog.

 

OURENSE, un plan perfecto.

Este vídeo presenta á cidade de Ourense como un destino de tendas e compras da man de Laura Opazo. Paseando pola ruas de Ourense coñecemos detalles dalgúns establecementos tanto de moda como de artesanía e delicatessen. Despistan as descripcións detalladas a modo de publireportaxe que ofrece dalgúns establecementos e o salto sin transición das tendas as termas. Valoramos o intento de presentar un destino cunha oferta diferenciada de compras pero tanto o formato como a extensión, que sobrepasa os doce minutos, dificultan o mantemento da atención dos espectadores. A versión reducida transmite a mesma mensaxe en 20 segundos e presenta mellores cifras de visualizacións.

 

LUGO CAMBIA: os sentimentos dunha viaxe

Outro vídeo pensado como presentación na feira de Fitur 2018. Martín Barreirro percorre a provincia de Lugo realizando todo tipo de actividades. Paseos en zodiac, avioneta, barco de pesca, parapente,… polos Ancares, Ribeira Sacra, A Mariña ou a capital. Tamén se trasforma en peregrino e mostra as riquezas gastronómicas da provincia tanto da costa como do interior. O recurso empregado para contar esta historia é unha carta dirixida aos seus fillos Martiño e Julieta comentando os sentimentos desa viaxe por Lugo. O vídeo conta con versións en galego, castelán, inglés, alemán, francés, italiano e portugués

 

“O LEGADO” / THE LEGACY” Concello de Carnota

Unha proposta que se presenta como gañadora dun premio The Golden City Gate Awards 2018 na feira de turismo de Berlín. Marco, un vecino de Carnota emigrado en Alemania, regresa logo da morte do seu avó. Este deixoulle un testamento no que relata un emocionante e sorprendente legado. Un legado inmaterial ligado a tódolos atributos carnotáns dende o Monte Pinto ata Mar de Lira pasando por Lariño, Boca de Río ou Carnota. Estes lugares son presentados en planos aéreos nos que a voz en off do avó se acompañan de subtítulos en ingles. A presentación a premios e festivais está funcionando como estratexía para a difusión do vídeo que é o que presenta mellores cifras de visualización dos aquí presentados.

 

BONUS

Como complemento presentamos duas producións que presentan, por un lado, un formato diferente como a animación e que, por outro, non buscan difundir un destino turístico. Exemplos das aplicación do vídeo e como pode complementar unha estratexia de promoción e posicionamento para calquera produto.

DESCUBRIDO A ILLA DO COVO

O concello de Pontevedra tamén emprega o vídeo para difundir os atributos da cidade optando polo formato da animación. A finais de 2017 presentaron os capítulos “Descubrindo a Illa do Covo” que dan continuidade ao proxecto inicial de “Pontevedrate en Familia” Unha xincana onde catro persoaxes de animación, Uxía, Brais, a cadela Ponte e o pirata Benito, plantean aos participantes diversas etapas para conocer tanto a cidade de Pontevedra como o espazo da Illa do Covo . Nos vídeos aparecen Javier Gomez Noia, o Padre Sarmiento ou o escultor José Pedro Croft que van explicando diferentes atributos da illa. Son oito capítulos con versións en español e galego e, ata o momento, acadan moi poucas visualizacións na canle de youtube.

CRIANZATREVINCA, SÍ!

Concello de A Veiga presentou un vídeo para a promoción dunha nova marca de carne. Crianza de A Veiga. Voz en off e planos dende dron que amosan fermosas paisaxes e que podría funcionar como ferramenta para a promoción turística do lugar. O vídeo foi realizado por A&B Comunicación en colaboración con Aeromedia e móstranos como calquera produto pode empregar os beneficios do vídeo para mellorar a súa imaxe, disfusión e atributos de marca.

 

Despois de ver estes estes exemplos podemos ter unha idea das tendencia en vídeo marketing turístico en Galicia. Hai moitas opcións e moitas posibilidades para acadar o éxito sempre e cando estas formen parte dunha estratexia planificada acompañada dunha boa execución a nivel técnico e artístico.

Si eres un destino ou empresa vencellada ao sector do turismo podemos traballar xuntos para definir esa estratexia e tamén para producir material promocional na liña dos vídeos aquí mostrados. Contacta e falamos sin compromiso.