Un dos momentos máis gratificantes da consultoría turística chega cando entras na fase de converter propostas e ideas en feitos e produtos tanxibles.

Para o Concello de Boborás elaboramos en 2017 unha folla de ruta coas liñas estratéxicas en materia de turismo. Un traballo moi interesante que nos permitiu coñecer con detalle un territorio en que  conflúen tres condiciones básicas que calquera municipio necesita para aspirar a converterse nun destino turístico. Recursos con suficiente capacidade de atracción e posibilidades de xerar produtos, equipamento de acollida e servizos complementarios e vontade política para apostar por esta actividade.

Entre as numerosas propostas que plasmamos neste plan estaba a de dotarse de material audiovisual para dar soporte a futuras accións de promoción e alimentar de contido tanto a web como os diferentes perfís en redes sociais.

En canto foi posible puxémonos en marcha mantendo varias reunións coa Concellería de Turismo para definir a estrutura, contido e estilo do mesmo. A idea inicial era seguir a lema turístico xa existente “arte e natureza” e empregar un dron para tomar imaxes aéreas.

O segundo paso consistía en realizar un briefing o máis completo posible dando respostas a múltiples detalles que necesitaríamos transmitir ás persoas que se encargarían da parte audiovisual: rodaxe, localizacións, locución, edición, montaxe,…

Para a execución do proxecto formamos equipo con A&B Comunicación e Deseño e Aeromedia. Agardamos por un día soleado e iniciamos a rodaxe empregando cámaras en terra e o dron.

Por último realizamos a montaxe de todo ou material (polo camiño fixemos innumerables axustes e algunha toma adicional) e a locución en estudo incorporando a voz do coñecido actor Luis Iglesia.

A mediados de setembro presentamos o vídeo que también contaba con financiación da Diputación Provincial de Ourense.

Aquí o resultado: