O autoxiro case nunca para de dar voltas.
Dá voltas de día, de noite, comendo, durmindo e cando está quieto. Hoxe atopou un recuncho especial para sentar a descansar e compartir o que lle pasa pola cabeza entre tanta volta. Unha mesa na ribeira dun río, con lámpada vermella incluída, que convida a conversar tomando un café, un té ou unha copa de viño. Pode que cheguemos a un “gin tonic” ou ao unha copa de licor de café. Turismo, gastronomía, viaxes, actualidades, marketing, libros, blogs ou viños serán temas habituais nas nosas veladas. A medida que aumente o número de amigos e as conversas se prolonguen este recuncho medrará para da cabida a todos. O importante é comezar e pouco a pouco engadir contido para facer do autoxiro un lugar máis accesible, bonito e acolledor. De momento, senta, pide algo, pregunta, escoita e comenta o que queiras. Entre volta e volta este recuncho está dispoñible para ti.
Alégrome que o autoxiro teña por fin o seu recuncho na blogosfera e deséxolle o mellor nesta andaina.
Unha aperta!
Anabel
Grazas Anabel. Estame costando máis do esperado. Pouco a pouco meterei contido e a ver que pasa. Un bico.