A “Ruta do Viño do Ribeiro” ten como obxectivo achegar a todo o mundo a maxia do viño, as historias da zona, os seus aromas, as súas cores, as súas tradicións, a súa gastronomía? o reto está en conseguir facer todo isto a través dunha web na que geolocalizar os incontables recursos gastronómicos, enológicos e festivos dos que dispón O Ribeiro.
O equipo de “Ruta do Viño do Ribeiro” confiou en nós para deseñar e desenvolver unha web a través da que todos os seus usuarios poidan chegar ás innumerables posibilidades que ofrece O Ribeiro e estar ao tanto do que pasa na zona e levar o soporte de publicacións en redes sociais.
Para iso, apostamos por unha web que inclúa todos os recursos, xa sexan adegas, restaurantes, vinotecas, concellos, tendas ou oficinas de turismo que forman parte da rede de socios da “Ruta do Viño do Ribeiro”. Todo isto cun deseño web receptivo que permita aos usuarios acceder á información desde calquera dispositivo, adaptándose ao mesmo.
Ao mesmo tempo desenvolvemos en conxunto co Xeodestino O Ribeiro – O Carballiño as campañas de promoción para a campaña do “Viño Bus” dos anos 2018 e 2019.