Plan de dinamización turística do Carballiño e páxina web de turismo
Durante o ano 2021 realizamos unha cooperación continuada co Concello do Carballiño. Por unha banda elaboramos un plan de dinamización turística, co fin de fomentar e promover de modo planificado o desenvolvemento turístico do Carballiño, pondo en valor os diferentes recursos presentes neste concello, así como accións de difusión dos mesmos e unha proposta de liñas de actuación.
Tamén realizamos un labor de asesoramento técnico a este concello especialmente en materia de turismo.
E finalmente deseñamos e creamos a web turística do Carballiño, sendo unha das accións propostas no plan de dinamización turística.