Ourense Provincia Termal é un portal que organiza, describe e xeoposiciona os recursos termais da provincia de Ourense. Completamos a información baseándonos no Plan Estratéxico Termal con traballo de campo, fotografías e entrevistas aos principais axentes implicados na posta en valor do termalismo en Ourense.
Outro obxectivo do portal é compartir información sobre a actualidade do Termalismo para o que se utilizan os perfís nas redes sociais Facebook e Twitter. Tamén se elabora contido orixinal para o blog con información práctica, curiosidades, historia ou eventos relevantes sobre a temática termal a nivel global.
Neste apartado realizamos un seguimento en detalle de grandes eventos como A Volta Ciclista a España ou Termatalia.