Informe técnico para o Concello de Monforte de Lemos

A petición do Concello de Monforte de Lemos elaborouse un informe técnico/estudo económico co obxectivo de cuantificar a viabilidade para o concurso da xestión integral do Centro do Viño, a Oficina de Turismo, a Oficina de Atención ao Peregrino e das visitas á Torre da Homenaxe do Concello de Monforte.

A conxunto de actividades que a xestionar contaba con tres unidades de negocio diferenciadas en función da súa ubicación:

• Visitas á Torre da Homenaxe

• Centro do viño e Oficina de Turismo. Nas mesmas instalacións atópase o Museo do Viño, a Oficina de Turismo e a Tenda do Viño

• Centro de Atención ao Peregrino

Con este concurso o Concello de Monforte de Lemos buscaba mellorar a xestión destes espazos así como a atención a turistas, visitantes e peregrinos.


Ano: 2020

Cliente: Concello de Monforte de Lemos