Informe de iniciativa de talasoterapia en Vilanova de Arousa

A petición da Xunta de Galicia elaboramos un informe que ten por obxectivo levar a cabo unha análise da proposta do “Centro de Talasoterapia” promovido dende o Concello de Vilanova de Arousa, na ubicación do Terrón, próximo á praia do mesmo nome.

Para elo, en primeiro lugar presentouse o proxecto a partir dunha análise documental da información recibida. En segundo lugar, caracterizouse e conceptualizouse o que se entende por centro de talasoterapia, podendo así verificar se o centro proposto encaixa neste tipo de instalacións, entre outras fases do estudo.

Finalmente, con toda a información recollida e analizada, emitiuse unha valoración sobre a idea proposta, así como unha serie de recomendacións para poder levar a cabo dito emprendemento.


Ano: 2021

Cliente: Xunta de Galicia