Certificación Ecostars – Hotel Mogay
Dende finais do ano 2024 e durante os primeiros meses do ano 2025, a través do proxecto Ecotours, en colaboración coa Universidade de Vigo, fomos os encargados de asesorar ao Hotel Mogay, situado en Chantada, para a obtención da Certificación Ecostars. Durante este proceso, xestionamos todo o que ten que ver coa plataforma do programa do cal depende a Certificación Ecostars.
En primeiro lugar, realizamos o rexistro do establecemento, para posteriormente, cubrir todos os formularios de temática social, ambiental e de gobernanza, completando así o perfil do establecemento. En segundo lugar, recollimos a información pertinente en relación aos diferentes consumos do Hotel Mogay durante os últimos anos. Estos consumos abranguen os eixos clave da sostenibilidade no hotel, medindo así o impacto ambiental de cada estancia en base ao consumo de enerxía, auga, pegada CO2, reciclaxe, produtos, alimentación sostible, así como un apartado máis social, co establecemento de prácticas éticas nas relacións humanas e laborais, a nivel cliente e empregado.
Finalmente, en 2025, o Hotel Mogay recibiu a súa Certificación Ecostars e atópase activo dentro do programa, co obxectivo de seguir realizando accións que estean en consonancia coa sostenibilidade e o respecto polo medioambiente.