Ir o contido
autoxiroautoxiroautoxiroautoxiro
  • Inicio
  • Proxectos
  • Kit Dixital
    • Kit Dixital Web
    • Kit Dixital Redes Sociais
    • Kit Dixital Comercio Electrónico
    • Kit Dixital Presenza Avanzada en Internet
    • Kit Dixital Marketplace
  • Blog
  • Contacto
  • GL
    • ES
  • Inicio
  • Proxectos
  • Kit Dixital
    • Kit Dixital Web
    • Kit Dixital Redes Sociais
    • Kit Dixital Comercio Electrónico
    • Kit Dixital Presenza Avanzada en Internet
    • Kit Dixital Marketplace
  • Blog
  • Contacto
  • GL
    • ES
Abril 10, 2025

Certificación Ecostars – Hotel Mogay

Certificación Ecostars – Hotel Mogay

Dende finais do ano 2024 e durante os primeiros meses do ano 2025, a través do proxecto Ecotours, en colaboración coa Universidade de Vigo, fomos os encargados de asesorar ao Hotel Mogay, situado en Chantada, para a obtención da Certificación Ecostars. Durante este proceso, xestionamos todo o que ten que ver coa plataforma do programa do cal depende a Certificación Ecostars.

En primeiro lugar, realizamos o rexistro do establecemento, para posteriormente, cubrir todos os formularios de temática social, ambiental e de gobernanza, completando así o perfil do establecemento. En segundo lugar, recollimos a información pertinente en relación aos diferentes consumos do Hotel Mogay durante os últimos anos. Estos consumos abranguen os eixos clave da sostenibilidade no hotel, medindo así o impacto ambiental de cada estancia en base ao consumo de enerxía, auga, pegada CO2, reciclaxe, produtos, alimentación sostible, así como un apartado máis social, co establecemento de prácticas éticas nas relacións humanas e laborais, a nivel cliente e empregado.

Finalmente, en 2025, o Hotel Mogay recibiu a súa Certificación Ecostars e atópase activo dentro do programa, co obxectivo de seguir realizando accións que estean en consonancia coa sostenibilidade e o respecto polo medioambiente.


Ano: 2024 e 2025

Cliente: Hotel Mogay

Web

Alberto
Decembro 21, 2023

SICTED A Mariña Lucense

Implantación do SICTED (Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos) no destino A Mariña Lucense. Proxecto de mellora da calidade dos destinos turísticos promovido pola Secretaría de Estado de Turismo (SET), co apoio da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), que traballa con empresas/servizos turísticos co obxectivo de mellorar a experiencia e satisfacción do turista e por extensión o nivel de calidade global do destino.

En A Mariña Lucense asumimos as tarefas de formación, asesoría e evaluación ao conxunto de servizos participantes. Tamén o apoio á Xerencia de Mancomunidade da Mariña Lucense para a posta en marcha do proxecto e a configuración da Mesa de Calidade.


Ano: 2023 e 2024

Cliente: Mancomunidade Concellos A Mariña Lucense

Emilio Cuíñas
Febreiro 17, 2022

Un descanso en los caminos

Un descanso en los caminos

O Cluster de Turismo de Galicia co apoio da Xunta de Galicia – Axencia Turismo de Galicia promoven o proxecto “Un descanso nos Camiños”, dirixido á creación de produtos turísticos orientados ao Camiño de Santiago baseados na oferta termal galega.

Coa participación da Asociación de Balnearios de Galicia, Fundación Feiras e Exposicións de Ourense, Federación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Ourense e Caldaria Termal están a deseñarse unha serie de produtos que permiten complementar o Camiño de Santiago incorporando a oferta de Balnearios de Galicia


Anos: 2019 – 2020 -2021

Cliente: Cluster de Turismo de Galicia

Web

Noelia Araújo
Febreiro 10, 2022

Galicia Destino Familiar 2021

Galicia Destino Familiar

En 2021 fomos os encargados de xestionar o programa Galicia Destino Familiar, iniciativa do Cluster de Turismo de Galicia co apoio da Xunta de Galicia – Axencia Turismo de Galicia. O programa ten como obxectivo adoptar mecanismos que permitan o posicionamento de Galicia como destino de referencia en turismo familiar, cunha estratexia común por parte de establecementos especializados no segmento familiar, de xeito que o público obxectivo poida identificar os hoteis, restaurantes, casas de turismo rural, etc. que dispoñan de instalacións, oferta e actividades ou outros servizos adaptados e pensados para familias.

Entre as accións realizadas no 2021 atópanse a constante actualización da web, renovando e informando das ofertas dispoñibles, ademais da publicación activa en redes sociais (Facebook, Twitter e Instagram) de contidos vinculados ao turismo familiar e ofertas e outra información das empresas adheridas ao programa cunha frecuencia case diaria. Tamén se editou un díptico, promovéronse diferentes campañas de publicidad e fíxoxe un novo vídeo promocional.


Ano: 2021

Cliente: Cluster de Turismo de Galicia

Web

Noelia Araújo
Febreiro 5, 2022

Xeodestino Terra de Celanova-Serra do Xurés

Xeodestino Terra de Celanova-Serra do Xurés

Colaboramos co xeodestino Terra de Celanova-Serra do Xurés dando apoio á creación, xestión e promoción turística. O destino oferta unha rica variedade de recursos turísticos, a partir dos cales se crearon 4 rutas turísticas.    

Traballouse tamén nunha iniciativa de geocaching. O geocaching é a actividade de moda que consiste en atopar “tesouros” coa axuda do GPS do noso smartphone. Desta forma, engádeselle un compoñente lúdico a cada unha das rutas. En cada unha delas escondéronse cachés en polo menos 9 localizacións, facendo máis atractiva a chegada a estes puntos como parte da experiencia geocaching.

Autoxiro colaborou neste proceso, na elaboración das rutas e especialmente na ubicación dos cachés. Tamén durante o 2020 participou en actividades formativas, así como na promoción do xeodestino vía redes sociais e páxina web.

Promocionar e descubrir o territorio deste xeodestino a través dunha nova experiencia foi o obxectivo deste proxecto.


Ano: 2020-2021

Cliente: Xeodestino Terra de Celanova-Serra do Xurés

Noelia Araújo
Febreiro 3, 2022

Un descanso nos camiños 2020-2021

Un descanso nos camiños

De novo nos anos 2020 a 2021 colaboramos no proxecto Un descanso nos Camiños. Iniciativa do Cluster de Turismo de Galicia co apoio da Xunta de Galicia – Axencia Turismo de Galicia, dirixido á creación de produtos turísticos complementarios ao Camiño de Santiago baseados na oferta termal galega. Nesta ocasión buscouse reconfigurar, consolidar e promocionar a oferta a través da creación de material promocional en varios formatos, entre eles a creación dun spot publicitario.

O programa contou coa participación da Asociación de Balnearios de Galicia, Fundación Feiras e Exposicións de Ourense, Unión de Hosteleros Ourensanos, Amigos da Cociña Galega e Caldaria Termal.

Durante a celebración do Congreso Internacional sobre Auga e Saúde (Expourense, setembro de 2020) celebrouse un Showcooking dentro deste programa, ademais da presentación oficial do spot publicitario.

Tamén, dentro desta iniciativa, organizouse un famtrip con axentes dos canais de vendas. Toda unha acción coordinada co fin de facer unha maior difusión deste programa.

Labor coa que continuamos durante o 2021, actualizando contidos na web e redes sociais, así como organizando outro famtrip.


Ano: 2020

Cliente: Cluster de Turismo de Galicia

Web

Noelia Araújo
Xaneiro 28, 2022

Web Museo da Emigración a Guinea Ecuatorial

Web Museo da Emigración a Guinea Ecuatorial

Un dos traballos nos que colaborou Autoxiro foi o deseño e creación da páxina web do espazo expositivo do Concello de Quintela de Leirado sobre a emigración a Guinea Ecuatorial.

Trátase dun concello no que especialmente durante os anos 40 e 50 do século pasado unha considerable parte da súa poboación emigrou a Guinea Ecuatorial, naquel momento pertencente a España.

Convidámosvos a visitar este espazo e a súa páxina web.


Ano: 2022

Cliente: Concello Quintela de Leirado

Web

Museo Guinea
Noelia Araújo
Xaneiro 26, 2022

Proxecto GDR Sil Bibei Navea (Silbina)

Proxecto Silbina

Durante o ano 2021 continuamos a traballar no proxecto Silbina xunto a Sherpa Project, proxecto iniciado en 2020 cun proceso de identificación dos principais produtores e transformadores de produtos agrogandeiros do territorio Sil-Bibei-Navea. Creouse así o logo identificativo, unha páxina web e as redes sociais de Silbina.

Durante o 2021 continuouse coa labor de promoción deste territorio, vía redes sociais, coa creación de 2 vídeos promocionais cos produtos do territorio e coa realización dun blogtrip.


Ano: 2021

Cliente: GDR Sil-Bibei-Navea

Web

Noelia Araújo
Xaneiro 15, 2022

Informe de complexo turístico en Chandrexa de Queixa

Informe de complexo turístico en Chandrexa de Queixa

A petición do concello de Chandrexa de Queixa elaboramos un informe co fin de realizar unha análise descritiva das potenciais necesidades do complexo turístico situado no poboado construído pola empresa Saltos do Sil durante a década dos 50 do século XX, para o inicio da súa actividade.

Levouse para elo a cabo un estudo das diferentes unidades que compoñen o complexo e realizouse unha estimación de necesidades para a súa posta en marcha e unha previsión de resultados.

Finalmente, con toda a información recollida e analizada, propuxéronse tamén unha serie de recomendacións.


Ano: 2022

Cliente: Concello de Chandrexa de Queixa

Noelia Araújo
Xaneiro 7, 2022

Web XXII Congreso AECIT

Web XXII Congreso AECIT

En outubro de 2022 celébrase en Ourense o XXII Congreso de AECIT baixo o lema: “O novo turismo: innovación, dixitalización, sostibilidade e competitividade”.

Autoxiro está a colaborar coa organización de dito evento, habendo deseñado e creado a súa web. Convidámosvos a visitala para informarvos deste evento de carácter científico e profesional.


Ano: 2022

Cliente: Universidade de Vigo

Web

Noelia Araújo
123
Artigos recentes
  • Comezamos un novo proxecto para a calidade e a sustentabilidade turística na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
  • O destino Ferrol segue apostando pola calidade turística coa concesión de 4 novos distintivos SICTED
  • A Costa da Morte reafirma o seu compromiso coa calidade turística coa entrega de 35 novos distintivos SICTED
  • Ecostars, un certificado de sostenibilidade hoteleira de evaluación sinxela e dixital
  • A Estratexia de Turismo de Galicia 2030: Unha aposta por un turismo auténtico e sostible
Comentarios recentes
    Histórico
    • Xuño 2025
    • Abril 2025
    • Febreiro 2025
    • Outubro 2024
    • Setembro 2024
    • Xaneiro 2024
    • Xuño 2023
    • Maio 2023
    • Abril 2021
    • Marzo 2021
    • Marzo 2020
    • Marzo 2018
    • Febreiro 2018
    • Febreiro 2017
    • Xullo 2014
    • Xaneiro 2014
    • Xullo 2013
    • Febreiro 2013
    • Xaneiro 2013
    Categorías
    • autoxiro
    • Calidade
    • Comunicación e promoción
    • Destinos
    • DTI
    • ideas
    • Planificación turística
    • sitios
    • Subvencións
    • Turismo sostible
    Meta
    • Iniciar sesión
    • Feed de entradas
    • Feed de comentarios
    • WordPress.org
    • Política de Cookies
    • Aviso Legal
    • Política de Privacidade
    • Declaración de Accesibilidade
    • Fondos Públicos
    Autoxiro Turismo todos os dereitos reservados