O destino Ferrol segue apostando pola calidade turística coa concesión de 4 novos distintivos SICTED
Ferrol da un novo paso cara a calidade turística
O pasado venres, 25 de abril , Ferrol desmostrou seguir na senda cara unha xestión turística de excelencia coa entrega dos distintivos do Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos (SICTED) das empresas que lograron a certificación no ano 2024. O acto tivo lugar no salón de recepcións do Palacio Municipal de Ferrol, congregando alí a representantes institucionais, empresarios e profesionais do sector turístico.
Autoxiro Turismo, colaborador no proceso
Desde Autoxiro Turismo, somos conscientes da importancia da implantación do SICTED no destino e, como non podía ser doutra maneira, estamos orgullosos de ter colaborado coas empresas e institucións neste proceso, con toda a responsabilidade que implica. Sen dúbida, Ferrol é un destino moi importante en Galicia, tanto no ámbito industrial como no ámbito turístico, e unha peza clave para o desenvolvemento do turismo a nivel autonómico. Para a consecución dos obxectivos marcados, é de agradecer o traballo e a dedicación de cada un dos establecementos de Ferrol para acadar finalmente este recoñecemento.
Presenza institucional e apoio ao destino
O acto de entrega dos distintivos estivo presidido polo alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, e contou tamén coa presenza de representantes de boa parte dos grupos políticos municipais. A concelleira de turismo, Maica García, resaltou o esforzo de cada un dos establecementos distinguidos e puntualizou que, na actualidade, Ferrol conta xa con 34 empresas co selo de calidade SICTED.
Que é o SICTED e por qué é tan importante?
O SICTED é un proxecto impulsado pola Secretaría de Estado de Turismo que busca mellorar a experiencia turística mediante a implantación de estándares comúns de calidade en todo o destino. No destino Ferrol, esta iniciativa é coordinada polo Concello de Ferrol.
As 12 empresas que apostan pola calidade
Neste Ciclo 1 do ano 2024 foron distinguidas 4 novas empresas e entidades e 8 renovaron o selo de calidade. Un total de 12 empresas, que abranguen desde aloxamentos, guías de turismo e museos, ata comercios, cafeterías e actividades de lecer como o surf. Este recoñecemento representa o seu compromiso coa calidade, a profesionalización e a sustentabilidade.
- Centro Piel
- Quinze Café
- Cafetea Coffee Shop
- La Casa del Fumador
- Ferrol Surf School
- La Bodega de Estrella
- ICE Galicia
- Hotel Real
- Gran Hotel Ferrol
- Museo da Semana Santa de Ferrol
- Isabel Díaz Robles (guía de turismo)
- Margarita Parada Cabaleiro (guía de turismo)
Un modelo turístico enfocado na evolución constante
A entrega destes recoñecementos vai máis aló dun simple diploma: é a consolidación dun modelo turístico fundamentado na excelencia, na cooperación entre o público e o privado, e no respecto polo territorio. Desde Autoxiro Turismo, continuaremos apoiando ao destino neste camiño, apostando pola formación, a asistencia técnica e a calidade como elementos distintivos.
Sen dúbida, o SICTED é un programa que ten a capacidade de sacar o mellor de cada un dos establecementos dun destino. Trátase dunha ferramenta moi importante para acadar certo equilibrio entre os diferentes establecementos e uns bos estándares de calidade. Dende Autoxiro Turismo, temos unha ampla experiencia en canto á implantación do SICTED, así como na consultoría turística en xeral. Ademáis, somos unha consultora de turismo ubicada en Galicia. Precisas axuda ou orientación nalgún proxecto turístico? Fai clic aquí e ponte en contacto connosco, trataremos de contestar coa maior brevidade posible.