Prometín facer un pequeno resumo diario do meu paso por Fitur.
Esta primeira xornada foi de toma de contacto, paseos, saúdos e presentacións. Fixen todo o que tiña pensado facer e recibín unha boa noticia. O venres, e pendente de ratificación en asamblea, a cidade de Ourense entrará no Clube de Produto “Saborea España”
Nas seguíntes imaxes ilustro algunhas cousas que lograron captar a miña atención.
Gustoume atopar tanta xente participando en Fiturtech
Si queremos que a feira teña algún interese para empresas e profesionais sobran moitas cousas;
Mención aparte merece o stand de Melilla. Completamente incomprensible
Finalmente unha imaxe do stand de Galicia. Penso que vir a Madrid para repartir folletos e facer presentacións “en familia” non ten moito sentido no ano 2013. Mentras non poñan outro sistema,…é o que temos!
Mañá será outro día e agardo contar máis cousas
Xirado dende Madrid.