Ecostars, un certificado de sostenibilidade hoteleira de evaluación sinxela e dixital
Que é o Certificado Ecostars?
Ecostars trátase dunha certificación de sostenibilidade específica para hoteis que otorga eco-estrelas en función do impacto medioambiental por estancia que ten un hotel.
Esta certificación representa unha gran oportunidade para que, dunha forma sinxela e cun proceso totalmente online, os hoteis teñan a oportunidade de mostrar o seu compromiso medioambiental aos clientes que decidan hospedarse no seu establecemento. Ademáis, Ecostars é recoñecido por organizacións internacionais como a Organización Mundial do Turismo (OMT/UNWTO) e os seus estándares foron recoñecidos como equivalentes polo Global Sustainable Tourism Coincil (GSTC) – “GSTC Recognition”.
En qué consiste o proceso de Certificación Ecostars?
O proceso de certificación é bastante sinxelo e totalmente dixital. O primeiro paso consiste en rexistrar o establecemento en cuestión na plataforma, encher todos os ocos cos datos básicos da empresa e, desta forma, conséguese acceso aos diferentes apartados da mesma.
Unha vez dentro da plataforma e coa empresa rexistrada correctamente, habería que ir cubrindo os diferentes formularios do ámbito ambiental, social e de gobernanza.
Outro dos pasos importantes para lograr a certificación Ecostars é o de presentar os datos de consumo do hotel de anos anteriores, co obxectivo de demostrar ata que punto o hotel ten un consumo moderado de enerxía, auga, residuos, CO2 e outros conceptos. Unha vez aportados estos datos, o usuario pode consultar na plataforma as diferentes métricas e consumos efectuados cada ano, para así poder avaliar a situación global dunha forma máis visual e tomar as medidas de mellora necesarias.
Cal é o prezo da Certificación Ecostars?
A Certificación Ecostars é gratuíta, aínda que se o usuario quere desbloquear outras funcións da plataforma co obxectivo de seguir mellorando e facendo a súa empresa cada vez máis sostible, isto xa tería un coste de suscripción a un dos diferentes plans existentes.
Existen diferentes produtos e suscripcións:
Certificación básica e gratuíta
Neste caso o servizo non tería ningún coste e, no caso de que hotel cumpla os requisitos de acceso, conseguiría a Certificación Ecostars.
Suscripción Lite
Este servizo ten un prezo fixado en 200 € (IVA non incluído) para o ano 2025.
Suscripción Prime
Este servizo ten un prezo fixado en 1.000 € (IVA non incluído) para o ano 2025.
Suscripción Max
Este servizo ten un prezo fixado en 4.500 € (IVA non incluído) para o ano 2025.
Certificación
Unha vez presentada toda a documentación pertinente, en cuestión de días, o hotel recibirá a Certificación Ecostars, nun parámetro de unha a cinco estrelas, en función de que a empresa cumpla en maior ou menor medida os estándares de sostenibilidade do programa. Ao completarse o proceso de certificación, o hotel recibirá un pack de benvida físico que inclúe unha placa metálica para a porta do establecemento e unha dúcia de pequenas placas metálicas de concienciación para os baños das habitacións. De igual forma, o hotel tamén recibe virtualmente o selo Ecostars para poder colocalo na súa web e redes sociais.
Empresas Certificadas
Sen dúbida, na actualidade trátase dun programa moi interesante para os hoteis, xa que cada vez máis a sostenibilidade turística está a ter unha maior importancia. Este tipo de accións, representan unha oportunidade de mostrar ao público o compromiso das empresas turísticas co medioambiente e, a día de hoxe, grandes cadeas hoteleiras como Melia Hotels, Vincci Hoteles, Paradores, H10 Hotels, Eurostars Hotel Company, e moitas máis, xa contan con este selo de sostenibilidade.
A nosa experiencia co Certificado Ecostars
Este ano 2025, a través do proxecto Ecotours, en colaboración coa Universidade de Vigo, asesoramos con éxito ao Hotel Mogay para a obtención do Certificado Ecostars. Na nosa web, no apartado de proxectos, compartimos a nosa experiencia de asesoramento co Hotel Mogay, un hotel galego situado en Chantada.
Estás interesado en conseguir a Certificación Ecostars para o teu hotel?
Ponte en contacto con nós facendo clic aquí e trataremos de resolver todas as túas dúbidas.