En Autoxiro Turismo, como consultora de turismo en Galicia, sentímonos orgullosos de ter participado recentemente nun dos eventos máis importantes do sector turístico: Fitur 2024. Este evento, que tivo lugar en Madrid, foi unha oportunidade excepcional para compartir a nosa paixón e compromiso co turismo sostible e innovador.

Durante a nosa participación na Fitur 2024, tivemos o privilexio de acompañar a varios dos destinos e proxectos cos que colaboramos estreitamente. Entre eles, destacamos a nosa colaboración co Concello do Carballiño e o Concello de Allariz na elaboración do Plan de Sostibilidade Turística en Destino PSTD. Este plan representa un paso crucial cara a un turismo máis responsable e respectuoso co entorno na encantadora rexión de Galicia.

Ademais, estivemos xunto aos xeodestinos Allariz Maceda, Costa da Morte, Arousa Barbanza e A Mariña Lucense, cos que traballamos na implantación do Sistema de Calidade Turística en Destino (SICTED). Esta iniciativa busca garantir a excelencia nos servizos turísticos ofrecidos, promovendo a calidade e a profesionalidade en cada experiencia.

Tamén acompañamos o Xeodestino Terra de Celanova-Serra do Xurés e o Camiño da Ría de Muros e Noia, cos que colaboramos activamente no seu proceso de dixitalización. Nun mundo cada vez máis conectado, a dixitalización converteuse nun pilar fundamental para o desenvolvemento e a promoción dos destinos turísticos, e estamos comprometidos en liderar este cambio cara a un turismo máis tecnolóxico e accesible.

En Fitur 2024, puidermos compartir as nosas experiencias, coñecementos e mellores prácticas con outros profesionais do sector, así como establecer novas alianzas e oportunidades de colaboración. Estamos emocionados polo futuro do turismo e comprometidos en seguir traballando para impulsar un turismo máis sostible, inclusivo e memorable en Galicia e máis aló.

Grazas a todos cos que contactamos en Fitur e nos inspiraron a seguir adiante neste apaixonante viaxe!