Formación en calidade -SICTED- e sustentabilidade turística para o empresariado local

Desde Autoxiro Turismo poñemos en marcha un novo proxecto no marco da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, centrado na mellora da calidade e da sustentabilidade do sector turístico local. Trátase dunha acción estratéxica que combina formación, acompañamento e certificación para empresas turísticas do territorio.

Obxectivos da formación

A formación está dirixida a empresas turísticas locais e busca:

  • A adhesión ou renovación das empresas á Marca de Calidade da Reserva da Biosfera.
  • A certificación no Club de Ecoturismo de España.
  • O cumprimento dos estándares do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino (SICTED).
  • A visibilización do traballo realizado e a promoción da participación de novas empresas.

Un enfoque práctico e personalizado

As accións desenvolvidas combinarán sesións formativas colectivas e individuais, asesoramento técnico e acompañamento adaptado ao nivel e necesidades de cada empresa. O proxecto será executado por un equipo acreditado pola Secretaría de Estado de Turismo como formadores/as, asesores/as e avaliadores/as SICTED.

Un paso máis cara ao turismo sostible

Este proxecto encaixa na estratexia da Reserva da Biosfera por un turismo máis responsable, profesionalizado e conectado co territorio. Desde Autoxiro Turismo achegamos a nosa experiencia para que o sector siga mellorando e consolidando o seu compromiso coa calidade e a sustentabilidade.