En 2013 disfrutei dunha das experiencia máis especiais da miña vida: a viaxe a Nicaragua dentro do programa Vacacións con Traballo do Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade.

Cando me confirmaron a participación nesta aventura descubrín que non sabía casi nada nin de Nicaragua nin do resto de Centroámerica. Tópicos, ideas vagas, unha pequena lista de nome e persoas relevante e pouco máis. Aínda menos sobre recursos, modelos, posicionamento ou oferta turística.

Sobre o terreo descubrín un país que aposta polo turismo e que, a pesar dos problemas,  conta cun gran potencial e ofrece grandes experiencias.  O Océano Pacífico, o Caribe, os volcáns, a arquitectura colonial, a arqueoloxía e cultura indíxena, a ruta do café ou a da Revolución son os escenarios máis coñecidos e promocionados.

 

A oferta e diversa e vai dende propostas de turismo comunitario en zonas deprimidas como Palmira Ecológica en Totogalpa a complexos de luxo exclusivo como o Mukul – Luxury Resort & Spa.

O motivo desta entrada non é facer unha descripción turística de Nicaragua. Simplemente presentar cinco vídeos de promoción turística de cinco países veciños. Todos contan con atributos notables e buscan promocionar unha gama de produtos máis ou menos similares pero chaman a atención por presentar estilos e linguaxes completamente diferentes.

Guatemala

Salvador

Honduras

Costa Rica

Nicaragua

A pesar da miña debilidade por Nicaragua o meu favorito, como video promocional, é o da Passión de Salvador e tamén teño que recoñecer que pasei o tempo de elaboración desta entrada repetindo a melodía de Honduras.

Cinco videos e cinco estilos que tentan chamar a atención dos recursos turísticos dunha zona do mundo que merece a pena, que recomendo e á que quero volver.

Con cal te quedas? Cal te anima a facer a maleta?

Xirado dende Ourense