Ir o contido
autoxiroautoxiroautoxiroautoxiro
  • Inicio
  • Proxectos
  • Kit Dixital
    • Kit Dixital Web
    • Kit Dixital Redes Sociais
    • Kit Dixital Comercio Electrónico
    • Kit Dixital Presenza Avanzada en Internet
    • Kit Dixital Marketplace
  • Blog
  • Contacto
  • GL
    • ES
    • EN
  • Inicio
  • Proxectos
  • Kit Dixital
    • Kit Dixital Web
    • Kit Dixital Redes Sociais
    • Kit Dixital Comercio Electrónico
    • Kit Dixital Presenza Avanzada en Internet
    • Kit Dixital Marketplace
  • Blog
  • Contacto
  • GL
    • ES
    • EN
Xullo 3, 2026

Foro ICEX 2026: reunións clave para a internacionalización de Autoxiro Turismo

 

Autoxiro Turismo · Internacionalización

Foro ICEX 2026: reunións clave para a internacionalización de Autoxiro Turismo

Lugar: La Nave, Madrid
Data: 2 de xullo de 2026
Evento: #ForoICEX2026

Onte estivemos no Foro ICEX e, a pesar dos atrasos do tren, chegamos a tempo para dúas reunións moi
enriquecedoras que reforzan o camiño de internacionalización de Autoxiro Turismo cara a México.

Administración pública mexicana: barreiras e oportunidades

Conversamos con María Peña Mateos, da Oficina Económica e Comercial da Embaixada de
España na Cidade de México, sobre as oportunidades e barreiras que atopan os proxectos tecnolóxicos ao
traballar con administracións públicas mexicanas. A charla deixounos consellos concretos e novas liñas
de contacto para seguir avanzando no mercado mexicano.

ICEX Next: acompañamento para o proxecto Turmexia

Despois reunímonos con Alicia Sanz D’Anglemont y Tassigny, do departamento de ICEX
Next, onde repasamos as opcións que ofrece o programa tanto para Autoxiro Turismo como para o
desenvolvemento de Turmexia, o noso proxecto de plataforma de xestión de calidade
turística orientado ao mercado mexicano.

Xornadas coma esta confirman que a internacionalización se constrúe paso a paso, coas persoas axeitadas ao lado.
Autoxiro Turismo

Grazas María e Alicia pola vosa flexibilidade para reaxendar as reunións tras os atrasos do tren, e
encantados de participar nesta edición do Foro ICEX en La Nave, un espazo inmellorable para o
networking e a internacionalización.

Jose Barros
Abril 14, 2026

SICTED reinvéntase: unha evolución necesaria (e oportuna) para o turismo actual

Tras a nosa asistencia ao último Foro SICTED, dende Autoxiro Turismo compartimos algunhas reflexións sobre o novo modelo SICTED, a nova plataforma e os cambios que afectan tanto aos destinos como ás empresas turísticas.

SICTED necesitaba unha actualización. E chega, aínda que con certo atraso, nun momento moi oportuno para o sector turístico, onde a dixitalización, a sustentabilidade e a xestión eficiente xa non son unha opción, senón unha necesidade.

Somos tamén conscientes do enorme esforzo que hai detrás deste proceso, liderado por SEGITTUR: non só polo desenvolvemento dunha nova plataforma, senón pola complexidade de migrar toda a información existente e, sobre todo, de repensar o modelo para facelo máis sinxelo, útil e adaptado á realidade actual de destinos e empresas.

Imaxe renovada para unha nova etapa

Un dos cambios máis visibles do novo modelo SICTED é a súa nova identidade visual. O redeseño do logo e da mensaxe asociada non é só un cambio estético, senón unha declaración de intencións.

O novo enfoque de SICTED —Sustentabilidade, Intelixencia e Calidade Turística no ecosistema do destino— reflicte claramente cara onde quere evolucionar o programa.

Dende o noso punto de vista, é un acerto. Renovar a imaxe axuda a comunicar que hai un cambio real detrás, algo necesario para volver conectar con empresas e destinos.

Modelo máis práctico e centrado no día a día

Máis alá da imaxe, o novo modelo SICTED introduce cambios importantes na forma de traballar:

  • Nova plataforma dixital, máis visual e centralizada.
  • Mellor organización da información e dos procesos.
  • Maior trazabilidade do traballo de xestores e empresas.
  • Un enfoque máis claro cara á mellora continua.

A sensación xeral é que se tentou simplificar o modelo e facelo máis manexable, algo necesario despois de anos nos que, en moitos casos, se volvía demasiado complexo ou pouco práctico.

Outro cambio relevante é a actualización da presenza dixital do programa. A antiga web www.calidadendestino.es deixa paso á nova dirección sicted.es, máis clara e aliñada coa nova etapa do modelo. Ademais, habilítase un novo correo de soporte (info@sicted.es) como canle principal para a xestión de dúbidas e incidencias.

Novidades no proceso: máis claridade nas fases

Entre as novidades máis relevantes do novo modelo SICTED, destaca a reorganización das fases e do traballo a realizar:

  • Na fase de distinción realizaranse 3 asistencias técnicas individuais (ATI).
  • Na fase de renovación, que pasa a ser cada 3 anos (non cada 2), realizarase 1 ATI.

Este cambio propón un modelo máis equilibrado, con máis acompañamento na fase inicial e un mantemento máis razoable no tempo.

Un “reinicio” que pode reactivar o programa

Un dos aspectos máis interesantes deste novo modelo SICTED é que pode supoñer un punto de inflexión.

Nos últimos anos, algunhas empresas acabaran vendo SICTED como un proceso rutineiro, con pouco percorrido ou excesivamente burocrático. Este cambio pode servir para que moitas delas volvan implicarse, lle dean unha nova oportunidade ou, simplemente, revisen a súa participación.

Ao mesmo tempo, este “reinicio” pode atraer novos destinos e empresas con máis motivación e ganas de traballar a calidade turística desde un enfoque máis práctico.

Outras iniciativas que achegan valor: Premios Egeria

Durante o Foro tamén se puxo en valor o papel de iniciativas como os Premios Egeria ao turismo responsable, que recoñecen boas prácticas dentro do programa.

O nome non é casual. Egeria está considerada a primeira viaxeira documentada da historia e, ademais, estamos convencidos de que era galega, o que lle dá un relato atractivo e moi doado de comunicar. Pero máis alá do anecdótico, este tipo de iniciativas axudan a visibilizar o traballo ben feito, compartir exemplos reais e xerar referencias positivas dentro da rede SICTED.

Máis alá da metodoloxía, este tipo de recoñecemento é clave para motivar a empresas e destinos.

Período de adaptación, clave nos vindeiros meses

Como en calquera cambio deste tipo, o novo modelo SICTED chega acompañado dun período de transición no que convivirán novas ferramentas, axustes e desenvolvementos en marcha.

Nos vindeiros meses iranse incorporando funcionalidades á plataforma, polo que será importante acompañar ben aos destinos e ás empresas nesta fase inicial, reducindo incertezas e facilitando a adaptación.

Conclusión: unha oportunidade que paga a pena aproveitar

En definitiva, dende Autoxiro Turismo esperamos que esta nova plataforma funcione ben no día a día, que sexa práctica e que realmente facilite o traballo de destinos e empresas.

Se isto se consegue, xunto coa metodoloxía renovada, o novo modelo SICTED pode converterse nunha ferramenta moi útil para todos os que participan no programa. Será interesante ver como evoluciona nos próximos anos e o percorrido real que vai tendo sobre o territorio.

Necesitas axuda co SICTED?

En Autoxiro Turismo levamos anos traballando na implantación, seguimento e mellora do SICTED en distintos destinos. Se precisas acompañamento nesta nova etapa, estaremos encantados de axudarche a adaptarte ao novo modelo e sacarlle o máximo partido.

Jose Barros
Xuño 7, 2025

Comezamos un novo proxecto para a calidade e a sustentabilidade turística na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

Formación en calidade -SICTED- e sustentabilidade turística para o empresariado local

Desde Autoxiro Turismo poñemos en marcha un novo proxecto no marco da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, centrado na mellora da calidade e da sustentabilidade do sector turístico local. Trátase dunha acción estratéxica que combina formación, acompañamento e certificación para empresas turísticas do territorio. Read More

Jose Barros
Abril 10, 2025

A Costa da Morte reafirma o seu compromiso coa calidade turística coa entrega de 35 novos distintivos SICTED

Un novo impulso á calidade turística na Costa da Morte

Este mércores 9 de abril, a Costa da Morte deu un paso máis na súa aposta por un turismo de excelencia coa entrega dos distintivos do Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos (SICTED) das empresas que lograron a certificación no ano 2024. O acto tivo lugar no Centro Sociocultural de Baio (Zas), congregando representantes institucionais, empresarios e técnicas do sector. Read More

Jose Barros
Outubro 1, 2024

A Estratexia de Turismo de Galicia 2030: Unha aposta por un turismo auténtico e sostible

O pasado venres, 27 de setembro asistimos á presentación en Ferrol a nova Estratexia de Turismo Galicia 2030, unha folla de ruta para os próximos seis anos elaborada pola Xunta de Galicia en colaboración co Clúster do Turismo de Galicia. Esta estratexia ten como obxectivo principal promover un turismo auténtico e sostible, coa hospitalidade como un dos piares fundamentais, e que beneficie a todo o territorio galego. Contempla un investimento de máis de 1.000 millóns de euros.

O proceso de creación desta estratexia partiu dun diagnóstico amplo, no que participaron máis de 1.000 profesionais do sector a través de diversos grupos de traballo. Os seus obxectivos prioritarios inclúen o impulso do turismo sostible, o crecemento en áreas onde máis se necesita, e unha aposta clara polo turismo no rural e no litoral, promovendo así un turismo desestacionalizado e internacional que fomente a convivencia harmoniosa coas comunidades locais. Read More

Jose Barros
Xaneiro 31, 2024

O sector turístico ante o reto da IA

O sector turístico ante o reto da IA

ITH e Plataforma Tecnolóxica de Turismo – Thinktur presentaron o pasado 25 de xaneiro no marco de FITURTECHY, o eBook “O sector turístico ante o reto da IA”. Elaborado polo Grupo de Centros Tecnolóxicos Turísticos, de Thinktur, este eBook analiza diferentes tendencias, neste caso sobre o uso e aplicación da intelixencia artificial.

O sector turístico experimentou unha notable transformación debido á integración da Intelixencia Artificial (IA) en diversos ámbitos. Aínda que as expectativas iniciais eran altas e algunhas áreas aínda requiren desenvolvemento, é evidente que a IA influíu positivamente na personalización da experiencia, na eficiencia do servizo ao cliente e na predición de tendencias. Non obstante, existen retos éticos e sociais que deben ser abordados con urxencia. Read More

Jose Barros
Xaneiro 29, 2024

Descubrindo o Turismo do Futuro: Autoxiro Turismo en Fitur 2024

En Autoxiro Turismo, como consultora de turismo en Galicia, sentímonos orgullosos de ter participado recentemente nun dos eventos máis importantes do sector turístico: Fitur 2024. Este evento, que tivo lugar en Madrid, foi unha oportunidade excepcional para compartir a nosa paixón e compromiso co turismo sostible e innovador.

Durante a nosa participación na Fitur 2024, tivemos o privilexio de acompañar a varios dos destinos e proxectos cos que colaboramos estreitamente. Entre eles, destacamos a nosa colaboración co Concello do Carballiño e o Concello de Allariz na elaboración do Plan de Sostibilidade Turística en Destino PSTD. Este plan representa un paso crucial cara a un turismo máis responsable e respectuoso co entorno na encantadora rexión de Galicia. Read More

Jose Barros
Xaneiro 4, 2024

96 Millóns de Euros a Dixitalización dos Destinos Turísticos

O Ministerio de Industria e Turismo anuncia unha importante inxección económica de 96 millóns de euros destinada á dixitalización dos destinos turísticos (Destinos Turísticos Intelixentes). Estes fondos proceden do Plan de Recuperación e teñen como obxectivo principal impulsar o despregamento de plataformas intelixentes que contribúan á transformación dixital do sector turístico. Read More

Jose Barros
Xuño 27, 2023

Autoxiro Turismo participa no lanzamento do SICTED na Costa da Morte

Estamos orgullosos de anunciar a nosa participación activa no proxecto da Asociación de Turismo da Costa da Morte, que agora forma parte do Sistema de Calidade Turística en Destino (SICTED). En colaboración con Turismo de Galicia e a Deputación da Coruña, fomos seleccionados para liderar a implantación e formación en xestión e calidade turísticas dun total de 46 empresas e servizos turísticos da comarca.

Vimianzo foi escenario do acto inaugural e dos primeiros adestramentos do SICTED da Costa da Morte. Neste ciclo de 2023 participan activamente no proceso 46 entidades, que inclúen casas de turismo rural, hoteis, apartamentos turísticos, albergues, empresas de turismo activo, oficinas de información turística e museos. Read More

Jose Barros
Maio 10, 2023

Celebramos o éxito de Allariz Destino Sostible

Estamos encantados de compartir noticias que nos enchen de orgullo e emoción: Allariz depositou a súa confianza en Autoxiro Turismo para liderar a elaboración e desenvolvemento da candidatura do PSTD Allariz Sustainable Destination. Este proxecto, aprobado cun importante investimento de 1.000.000 de euros, marca un fito importante na visión de Allariz como destino turístico sostible e dinámico.

A colaboración entre Allariz e Autoxiro Turismo é moito máis que unha asociación estratéxica; É unha aposta compartida pola excelencia na xestión de proxectos turísticos. Desde o principio traballamos codo a codo co equipo do Concello de Allariz, fusionando a nosa experiencia en consultoría turística coa visión innovadora dun destino comprometido coa sustentabilidade. Read More

Jose Barros
12
Artigos recentes
  • Foro ICEX 2026: reunións clave para a internacionalización de Autoxiro Turismo
  • SICTED reinvéntase: unha evolución necesaria (e oportuna) para o turismo actual
  • Comezamos un novo proxecto para a calidade e a sustentabilidade turística na Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo
  • O destino Ferrol segue apostando pola calidade turística coa concesión de 4 novos distintivos SICTED
  • A Costa da Morte reafirma o seu compromiso coa calidade turística coa entrega de 35 novos distintivos SICTED
Comentarios recentes
    Histórico
    • Xullo 2026
    • Abril 2026
    • Xuño 2025
    • Abril 2025
    • Febreiro 2025
    • Outubro 2024
    • Setembro 2024
    • Xaneiro 2024
    • Xuño 2023
    • Maio 2023
    • Abril 2021
    • Marzo 2021
    • Marzo 2020
    • Marzo 2018
    • Febreiro 2018
    • Febreiro 2017
    • Xullo 2014
    • Xaneiro 2014
    • Xullo 2013
    • Febreiro 2013
    • Xaneiro 2013
    Categorías
    • autoxiro
    • Calidade
    • Comunicación e promoción
    • Destinos
    • DTI
    • ideas
    • Internacionalización
    • Planificación turística
    • sitios
    • Subvencións
    • Turismo sostible
    Meta
    • Iniciar sesión
    • Feed de entradas
    • Feed de comentarios
    • WordPress.org
    • Política de Cookies
    • Aviso Legal
    • Política de Privacidade
    • Declaración de Accesibilidade
    • Fondos Públicos
    Autoxiro Turismo todos os dereitos reservados