Durante os últimos meses estívose gravando en diferentes puntos da provincia de Ourense (Celanova, Ribadavia, Bande e A Ribeira Sacra), así como da Coruña, “El desorden que dejas”, basada na novela de Carlos Montero do mesmo nome. Trátase dun thriller protagonizado por actores e actrices coñecidos a nivel nacional (Imma Cuesta, Roberto Enríquez e o galego Tamar Novas), sendo a primeira produción orixinal que Netflix grava en Galicia.

Repercusión das series no turismo

Este feito danos pé a falar do fenómeno que supoñen hoxe en día as series audiovisuais, e a repercusión que ten no sector turístico.É obvio que as series están de moda, tanto ou incluso máis que as longametraxes. As propias series chegaron a ser unha extensión do cine, convertíndose moitas veces en películas de longa duración, especialmente ante os novos tipos de consumo, onde o espectador consume tempadas completas “dun tirón” ou nos xa coñecidos maratóns de series. Existe un perfil de consumidor audiovisual que prioriza o consumir tempadas completas, non capítulo a capítulo de modo semanal como en décadas anteriores (quedando no aire la intriga do que pasará). Ante esta demanda, as plataformas de streaming (Netflix, Amazon Prime ou Movistar, entre outras) xa poñen a disposición do usuario a tempada completa o día que engaden novos contidos dunha serie. A pesar da variedade de plataformas e da cantidade de series que se producen e estrean cada ano, moitas delas chegan a ser coñecidas e seguidas por millóns de espectadores. Lembremos que nas dúas últimas décadas deuse o book das series audiovisuais, multiplicándose o número de estreos e especialmente a produción por plataformas de streaming. Exemplos de series coñecidas por todos e con récords de descargas e visionados son  Game of Thrones, The Crown ou The Big Bang Theory.

O espectador e as series

https://www.ecartelera.com/

http://viviendoentrepalabr.blogspot.com/

Unha característica moi importante ligada a este fenómeno é a empatía que o espectador xera con certas personaxes, trama e todo o que rodea á serie da cal se sinte seguidor. O interese que esperta nos espectadores é incluso maior que nas longametraxes, sendo moito maior o tempo de visionado, incluso agardando con ansia a seguinte tempada.  E é aquí onde se crea unha gran oportunidades para o turismo, xa que un dos aspectos que esperta gran interese no espectador é coñecer in situ os emprazamentos que se visionan na pantalla.  A través do sector audiovisual é posible chegar a moitos turistas potenciais, xerarlles unha atracción ou desexo polo destino que están vendo, e consecuentemente realizar o desprazamento turístico. Por que non coñecer un mesmo os lugares nos que a túa personaxe favorita desenvolveu a súa historia, chegando o espectador a plantexarse como alternativa das súas próximas vaacións o coñecer ubicacións, xa sexan reais ou ficticias, da serie da que é fan. Voltando ao exemplo de Game of Thrones, no ano 2015, respecto ao 2014, produciuse en Andalucía un aumento de turistas do 25% coincidindo coa rodaxe da quinta temapada da serie (o 11% estranxeiros). No caso desta serie trátse de ubicacións ficticias que se gravaron ademais de en España, en Marruecos, Islandia, Croacia, Irlanda do Norte, Malta e Escocia. Varios destes destinos, conscientes do interese suscitado por esta serie, xa crearon e promocionaron paquetes e produtos turísticos vinculados ás zonas de gravación, aparecendo con forza os denominados movie maps.

As series como ferramenta promocional turística

Os destinos turísticos, ante esta situación, poden promocionar o convertirse en escenarios de rodaxe; sendo esta unha ferramenta publicitaria de gran impacto na actualidade.  Os espectadores poden elixir non ver os spots publicitarios, pero non evitar ver os escenarios que forman parte da trama dunha serie, senón todo o contrario, interésanse polos mesmos.

https://www.lavozdegalicia.es/

Voltando á serie que deu pé a este post, estamos anhelando ver en pantalla os escenarios da ficticia vila de Novariz, reflexados en ubicacións reais de Ourense. Os que xa limos o libro, sin facer spoilers, temos na nosa mente unha imaxe de certos lugares coñecidos e detallados na novela, e estamos desexosos de ver como se plasman na pantalla.

Foto de portada: http://www.sensacine.com/

Noelia Araújo