Un novo impulso á calidade turística na Costa da Morte

Este mércores 9 de abril, a Costa da Morte deu un paso máis na súa aposta por un turismo de excelencia coa entrega dos distintivos do Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos (SICTED) das empresas que lograron a certificación no ano 2024. O acto tivo lugar no Centro Sociocultural de Baio (Zas), congregando representantes institucionais, empresarios e técnicas do sector.

Autoxiro Turismo, parte activa do proceso

Desde Autoxiro Turismo, asumimos con orgullo a responsabilidade da implantación do SICTED na Costa da Morte. No evento, o noso socio consultor e director do proxecto, Emilio Cuíñas, destacou que “este é só o comezo dun camiño cara á mellora continua”, facendo fincapé no esforzo que cada empresa distinguidada levou a cabo para acadar este recoñecemento.

Emiliio Cuiñas na entrega dos distintivos

Presenza institucional e apoio ao territorio

A entrega contou con figuras clave como Manuel Muiño (presidente da CMAT e alcalde de Zas), Carmen Pita (directora de Promoción da Axencia de Turismo de Galicia), Xosé Luis Penas (deputado da Deputación da Coruña), Cesáreo Pardal (presidente do Clúster de Turismo de Galicia) e Pepe Formoso (presidente da APTCM). Todos coincidiron na necesidade de seguir traballando en rede para fortalecer o destino Costa da Morte.

Que é o SICTED e por que é tan importante?

O SICTED é un proxecto impulsado pola Secretaría de Estado de Turismo que busca mellorar a experiencia turística mediante a implantación de estándares comúns de calidade en todo o destino. Na Costa da Morte, esta iniciativa é coordinada pola CMAT, en colaboración cos concellos participantes, a APTCM e a Deputación da Coruña.

As 35 empresas que apostan pola excelencia

Neste Ciclo 1 do ano 2024 foron distinguidas 35 empresas e entidades da Costa da Morte, que abranguen desde aloxamentos e museos, ata restaurantes, oficinas de turismo e actividades de lecer. Este recoñecemento representa o seu compromiso coa calidade, a profesionalización e a sustentabilidade.

  • 1. CLUB DEL MAR (A Laracha)
  • 2. CENTRO ARQUEOLÓXICO DO DOLMEN DE DOMBATE (Cabana de Bergantiños)
  • 3. A CASA DA ESTRELLA (Cabana de Bergantiños)
  • 4. CABANAS DE CANDUAS (Cabana de Bergantiños)
  • 5. MUSEO DE MAN DE CAMELLE (Camariñas)
  • 6. MUSEO DO ENCAIXE DE CAMARIÑAS (Camariñas)
  • 7. A MARINA DE CAMARIÑAS (Camariñas)
  • 8. NÁUTICO DE RAZO (Carballo)
  • 9. RESTAURANTE MESON DO PULPO (Carballo)
  • 10. HOTEL MEIGA DO MAR & SPA (Carnota)
  • 11. NACHO PORTO (Carnota)
  • 12. CASANOSA (Cee)
  • 13. HOTEL OCA INSUA (Cee)
  • 14. RESTAURANTE INSUA (Cee)
  • 15. LIRESCA (Cee)
  • 16. STOUPA (Cee)
  • 17. BAR RESTAURANTE IL MOLINO (Coristanco)
  • 18. CASA VILAVERDE (Coristanco)
  • 19. HOTEL BOUTIQUE MAR DO ÉZARO (Dumbría)
  • 20. OFICINA DE TURISMO DE FISTERRA (Fisterra)
  • 21. HOTEL SEMPRE FISTERRA (Fisterra)
  • 22. HOTEL SPA PLAYA LANGOSTEIRA (Fisterra)
  • 23. RESTAURANTE O CENTOLO (Fisterra)
  • 24. HOTEL A TORRE DE LAXE (Laxe)
  • 25. ISLOW COLIVING (Laxe)
  • 26. CASA JURJO (Mazaricos)
  • 27. OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN TURÍSTICA (Muxía)
  • 28. ENCAIXES LUCITA (Muxía)
  • 29. CASA DE LEMA (Muxía)
  • 30. MACCMO (Ponteceso)
  • 31. MUSEO ETNOLÚDICO DE GALICIA (Ponteceso)
  • 32. A CASA DA CANLE RESTAURANTE (Vimianzo)
  • 33. RESTAURANTE CASA SABINA (Vimianzo)
  • 34. TORRES DO ALLO (Zas)
  • 35. RESTAURANTE A LAREIRA (Zas)

Un modelo turístico baseado na mellora continua

A entrega destes distintivos representa moito máis que un diploma: é a consolidación dun modelo turístico baseado na excelencia, a cooperación público-privada e o respecto polo territorio. Desde Autoxiro Turismo, seguiremos acompañando ao destino neste proceso, apostando pola formación, a asistencia técnica e a calidade como sinais de identidade.