O geocaching non é algo novo, pero si algo que gañou número de adeptos nos últimos anos. Para os que aínda non sabedes o que é, podémolo resumir na procura de tesouros (cachés) a través da súa localización vía GPS. Para iso é necesario instalar unha App no noso smartphone (podédela buscar por geocaching tanto en Android como iOs) e poderemos ver os cachés no mapa. Seguindo as coordenadas e algunhas pistas poderemos atopar estes cachés. O valor está na experiencia de procura do caché e o mérito de atopalo, rexistrando na App que o atopamos e anotándoo tamén no propio caché (no que haberá algún caderno ou papel para anotar o noso logro). Ás veces os cachés teñen pequenos obxectos que poderemos intercambiar por outros obxectos, e unha vez descuberto deberemos deixalo exactamente onde estaba para que outros poidan atopalo e gozar tamén da aventura (vídeo explicativo). Read More