roma

O Autoxiro case nunca para de dar voltas. Dá voltas de día, de noite, comendo, durmindo e cando está quieto.  Hoxe atopou un recuncho especial para sentar a descansar e compartir o que lle pasa pola cabeza entre tanta volta.  Unha mesa na ribeira dun río, con lámpada vermella incluída, que convida a conversar tomando un café, un té ou unha copa de viño.  Poida que cheguemos a un «gin tonic» ou a unha copa de licor de café. Turismo, gastronomía, viaxes, actualidade, mercadotecnia, libros, blogues ou viños serán temas habituais nas nosas veladas. A medida que aumente o número de amigos e as conversacións prolónguense este recuncho crecerá para dar cabida a todos. O importante é empezar e aos poucos engadir contidos para facer do Autoxiro un lugar máis accesible, bonito e acolledor.  De momento, sentar, pide algo, pregunta, escoita e comenta o que queiras. Entre volta e volta este recuncho está dispoñible para ti.