Unha das cousas máis gratificantes da consultoría turística é participar no proceso de convertir propostas e ideas en feitos e produtos tanxibles.

Para o concello de Boborás elaboramos en 2017 unha folla de ruta coas liñas estratéxicas en materia de turismo. Un traballo moi interesante que nos permitiu coñecer con detalle un territorio no que confluen tres condicións básicas que calquera concello precisa para aspirar a converterse nun destino turístico. Recursos con suficiente capacidade de atracción e posibilidades de xerar produtos, equipamentos de acollida e servizos complementarios e vontade política para apostar por esta actividade.

Entre as numerosas propostas que plasmamos neste plan estaba a de dotarse de material audiovisual que dera soporte a futuras acción de promoción e alimentara de contido tanto a web como os diferentes perfís nas redes sociais.

En canto foi posible puxémonos en marcha mantendo varias reunión coa Concellería de Turismo para definir a estrutura, o contido e o estilo do mesmo. A idea inicial era seguir o lema turístico do concello “arte e natureza” e empregar un drone para tomar imaxes aéreas.

O segundo paso foi realizar un briefing o máis completo posible dando respostas a múltiples detalles que precisariamos trasmitir as persoas que se encargaría da parte audiovisual, rodaxe, locución, edición, montaxe…

Para a execución do proxecto formamos equipo con A&B Comunicación e Deseño e Aeromedia. Agardamos por un día soleado e iniciamos a rodaxe empregando cámaras en terra e o drone.

O seguintes pasos foron a montaxe de todo o material (polo camiño fixemos imnumerables axustes e algunha toma adicional) e a locución en estudio incorporando a voz do coñecido actor Luis Iglesia.

A mediados de setembro presentamos o vídeo que tamén contou con financiación da Diputación Provincial de Ourense.

presentación video de boborás

Aquí o resultado:

Agradecemos a confianza que o Concello de Boborás mantén en Autoxiro e a oportunidade que nos brinda para trasformar en feitos algunhas das moitas ideas somo capaces de aportar para o  desenvolvemento turístico de calquera territorio.