A cidade brasileira de Foz de Iguaçu pertencente ao estado do Paraná foi a sede da derradeira edición de Termatalia Brasil 2018. Unha nova etapa deste evento internacional que visita América Latina cada dous anos alternándose coa sede permanente de Ourense.

Autoxiro repite experiencia despois da presencia en Mexico en 2016 para retomar o intercambio de experiencias con outros destinos e empresas do ámbito do turismo de saúde e termal.

Nesta ocasión canalizamos a nosa participación a través do programa “Galicia Exporta Empresas” do Igape que facilita a internacionalización das empresas galegas.

Durante a feria tivemos ocasión de dar a coñecer o noso traballo e proxectos a empresas, medios de comunicación e representantes de destinos localizados en países como Brasil, Costa Rica, México, Argentina, Colombia, Venezuela ou Portugal entre outros.

Na xornada previa á feria Termatalia Brasil 2018 participamos no 13º Encontro Internacional sobre Auga e Saúde moderando una mesa redonda a redor da  temática Marketing aplicado ao Turismo de Benestar.

autoxiro en termatalia brasil 2018

Nesta mesa participaron poñentes de catro países aportando moi boas ideas para avanzar no coñecemento dos perfís dos turistas do segmento do benestar.

Alejandra Millán. CEO de Wellness Trip Colombia.Construcción de Rutas de Benestar con Identidade Cultural.
Ricardo Ramirez. Codirector do Plan de Negocios de Turismo de Benestar de Colombia.
Laszlo Puczko. Director de Industry Intelligence, Resources for Leisure Assets (Austria).
Pablo Rivera. Director técnico da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Eurocidade da Auga Chaves (Portugal)- Verín (España).

 

Tamén participamos na Cata Internacional de Agua dirixida por Mercedes González o que sempre é unha gran experiencia e unha oportunidade para coñecer novos tipos de agua de varios países del mundo.

Podemos calificar a nosa presencia en Termatalia Brasil 2018 como muy satisfactoria ao cumprir os obxetivos de mellora do noso posicionamento como especialistas nos campos do turismo de saude e termalismo así como polo intercambio de experiencias con outros profesionáis nun entorno internacional.

De forma complementaria también foi unha oportunidad para visitar un dos lugares máis emblemáticos e conocidos del mundo. As Cataratas de Iguaçu.

 

autoxiro en termatalia brasil 2018