Nun momento no que moita xente di que os temas relacionados coa xestión da calidade non están de moda, que son meros procesos administrativos e que toca buscar novos paradigmas, queremos reivindicar a utilidade dun veterano programa promovido pola Secretaría de Estado de Turismo e a FEMP: o SICTED

¿Qué é o SICTED?

 

SICTED é o acrónimo de Sistema Integral de Calidade Turística en Destino. Neste sistema, a diferenza doutros que están orientados a empresas a título individual, o principal beneficiario é o destino en conxunto. Outra característica é o seu carácter integral dando cabida a axentes que non sempre se consideraron integrantes do sector turístico, como o comercio, as adegas, taxis, policía local ou empresas de limpiza municipal. O SICTED foi evolucionando e actualmente xa permite diferenciar ata 32 oficios, así que pode ofrecer solucións adaptadas as necesidades de boa parte das empresas que operan en cualquera destino.

O proceso vira ao redor da implantación de boas prácticas, da formación e da mellora continua. As boas prácticas están acollidas nun manual que abarca os campos de “Persoas”, “Vendas”, “Clientes”, “Servizos externos” e “Instalacións e equipos”. Cada manual tamén conta cunha relación de boas prácticas específicas para cada oficio.

 

¿Cómo se pon en marcha o proceso?

 

A iniciativa para solicitar a implantación do SICTED corresponde ao ente xestor do destino (Concello, Mancomunidade ou Deputación Provincial), que ten a obligación de coordinar todo o proceso. Para acadar o éxito na implantación é necesario establecer mecanismos de cooperación público-privada.

 

Unha vez que o destino comunica a Secretaría de Estado de Turismo o interese en participar no SICTED, tene que nomear a unha persoa responsable de xestionalo. Esta persoa debe ter vinculación laboral co ente xestor, así como ter realizado o curso de formación específica que a Secretaría convoca periódicamente. 

 

O seguinte paso é a constitución dunha “Mesa de calidade” onde estén representados os axentes do destino turístico, así coma accións de presentación e captación dirixidas a empresas potencialmente interesadas. Para entrar no sistema, os participantes interesados teñen que asignar un protocolo de adhesión.

 

A partir deste momento, o proceso está perfectamente pautado. O primeiro obxectivo das empresas participantes é conseguir a distinciónn, para o cal teñen que superar os seguintes requisitos:

  • Permanecer durante un mínimo de 3 meses como adheridos.
  • Realizar a formación correspondente ao primeiro ciclo.
  • Recibir dúas Asistencias Técticas Individualizadas (ATI).
  • Participar nunha Asistencia Técnica Colectiva (ATC).
  • Completar a autoavaliación.
  • Propoñer algunha acción ao plan de mellora.
  • Superar a avaliación externa.

 

Aquelas empresas que contan ca “Q” teñen convalidados varios destes requisitos.

Os requisitos a completar en cada ciclo están resumidos no seguinte cadro:

 

ciclos sicted autoxiro

 

As empresas que superan o ciclo reciben o distintivo no formato máis axeitado, en función da súa actividade: pegatina para un taxi, placa para un hotel ou “pin” para un guía turístico. E tamén poderán incorporarlo aos elementos de comunicación da prensa: web, folletos, facturas ou correos electrónicos son os elementos habituais.

¿Vantaxes e inconvintes do SICTED?

 

Vantaxes:

  • Dispor dunha guía de boas prácticas para mellorar a organización das empresas e as relacións con clientes e proveedores.
  • Implantar ferramentas orientadas a detección de áreas de mellora a partir das opinións dos clientes.
  • Dispor dun distintivo de recoñecemento de calidade avalado pola Secretaría de Estado de Turismo.
  • Para o destino, é unha ferramenta de cooperación público-privada e un punto de encontro e intercambio para os axentes do destino.

 

Inconvintes:

  • A visión integradora do sistema provoca que o manual de boas prácticas sexa parecido para, por exemplo, un gran hotel de cadea que para unha pequena pensión familiar.
  • Manual pouco actualizado no apartado de novedades tecnolóxicas e novas tendencias do mercado turístico.
  • Escaso seguimento da evolución das empresas nalgunhas fases da implantación, sobre todo nos ciclos de renovación e seguimento.
  • Escaso recoñecemento entre o público dos beneficios do distintivo.

sicted galicia autoxiro

A superación destes inconvenientes e a potenciación das vantaxes depende en gran medida da capacidade de traballo do xestor e a coordinación e nivel de implicación do sector privado.

 

En Galicia, existen actualmente 5 destinos SICTED:

  • Provincia de Pontevedra – Rías Baixas.
  • Sanxenxo
  • Baiona
  • Guitiriz
  • Ferrol

Cada destino ten as súas peculiaridades en función da fase de implantación, ao número de empresas participantes e á continuidade na aplicación do programa. Esta cifra pode aumentar durante o 2016, pois a Axencia de Turismo de Galicia deu pasos destinados á
 ampliación do SICTED no noso territorio. Sanxenxo é un caso de éxito, pois resultou galardoado como o mejor destino SICTED de 2015” e a súa xerente, Romina Fernández, primeira finalista como mellor xestora. Recolleron o galardón na última edición de FITUR celebrada en Madrid, primeira feira na que participou Autoxiro.

sicted sanxenxo fitur

 

Se eres unha empresa ou un ente xestor dun destino turístico e precisas información máis detallada do SICTED, podes consultar a páxina oficial do sistema ou poñerte en contacto con AUTOXIRO, estaremos encantados de asesorarte e resolver as túas dudas.