Hoxe impartimos un taller no curso de Promoción Turística Local e Información ao Visitante falando turismo na era dixital no cal tivemos a oportunidade de achegar aos alumnos e alumnas algunhas claves da mercadotecnia dixital aplicado ao turismo.

Sempre é un pracer ter poder colaborar e contribuír en programas de formación que teñen por obxectivo a actualización de coñecemento e a capacitación para  mellorar o seu posicionamento no mercado laboral.

Este curso capacita, entre outras competencias, para promocionar e comercializar destinos turísticos locais, xestionar servizos de información turística e crear novos produtos ou servizos de interese.

Grazas Laura López pola oportunidade e aos alumnos/as pola atención.