A pasada semana estivemos no SOPA Congress 2016 para presentar unha nova iniciativa de valoración e divulgación do patrimonio no medio rural, en colaboración con BUO Estudio. Arquitectura y Paisajismo: O Suído.

logo-sopa-congressosuido-logo-facebook

Escollemos este foro para presentar o proxecto porque no SOPA16 participan profesionais de diferentes áreas que comparten un mesmo interese polo rural, o que nos permitiu intercambiar ideas sobre diferentes camiños polos que podemos levar este proxecto e coñecer outros proxectos similares tanto na forma coma no fondo dos que aprender. A este congreso internacional sobre educación e socialización do patrimonio no medio rural achegáronse máis de 140 participantes con unhas 100 propostas de territorios rurais de 10 países diferentes, como España, Arxentina, México, Chile, Honduras, Perú, Brasil, Portugal e Reino Unido.

 

Ademáis da experiencia con outros profesionais, descubrimos Zalamea de la Serena en Badajoz e toda a sua riqueza cultural e patrimonial. Esta localidade extremeña acolen el o SOPA16 cedendo diversos espazos públicos nos que se levaron a cabo debates, reflexións e encontros para poñer en común ideas, propostas e discursos que axudan a dar visibilidade a novas formas de xestión do patrimonio nas que a cidadanía teña un papel prioritario.

 

Con esta presentación queremos dar voz a un proxecto que pretende alertar sobre a necesidade de prestar atención ao patrimonio cultural que, no caso do medio rural, se atopa en situación de desamparo. Trátase de acadar un modelo de traballo colaborativo e abierto a todos, e concienciar sobre a necesidade de salvagardar unha parte moi importante do patrimonio rural de Galicia. Ademáis, aproveitando este evento, decidimos lanzar unha plataforma que dará visibilidade a este traballo conxunto e que permitirá que calquera interesado poida consultar os múltiples recursos dos que dispone esta rexión, todo elo coa finalidade de poñer en valor a “Serra do Suído”.

 

¿Queredes saber máis sobre esta iniciativa? Podedes acceder a toda a información en osuido.org.

 

osuido-autoxiro-sopa16