Asesoramento a empresas turísticas en Fitur 2018

Esta edicción de Fitur 2018 foi diferente ás anteriores. O noso especialista en turismo, Emilio Cuíñas participou como asesor de empresas turísticas na caseta de Turismo de Estremadura. As asesorías viraban sobre as temáticas da mercadotecnia dixital, comercialización novas técnologías e redes sociais. Esta expereriencia foi posible grazas á colaboración cun recoñecido experto en mercadotecnia como é Javier Varela.

 

En metodo de traballo empregado consistiu nunha sesión de asesoría cunha entrevista presencial duns 45 minutos. Partimos dunha análise previa das empresas a través dun cuestionario e da análise da súa presenza en liña a través as súas canles de comunicación, promoción e comercialización. En cada unha das sesións puidemos indicar unha serie de recomendacións de mellora así como claves para a adaptación ás tendencias de mercado e sociedade dixital.