Onte asistimos a unha conferencia organizada polo Cluster TIC Galicia  e a Axencia Galega para a Modernización Tecnolóxica de Galicia” Amtega sobre como Monetizar Web e Apps e que queremos aplicar nas relacionadas con turismo. Tivemos a oportunidade de contar con 4 expertos de Google nun marco incomparable, “A Cidade da Cultura”.

Monetizar Web y Apps en turismo

Aquí vos deixamos os apuntamentos que ao noso parecer foron os máis interesantes sobre as estratexias para Web & Apps de cara a poder monetizaras, con forte aplicación tanto en Webs e blogs de turismo como en Apps que se enfocan a varios aspectos do turismo, como rutas de sendeirismo, transporte público, etc.

Puntos tratados polos expertos de Google

Ignacio Monereo. Traballa actualmente como “Strategic Account Manager” dentro do equipo de “Partnerships” de Google. Enfocou o seu discurso en catro puntos principais:

 

  • Web multipantalla: debemos ter en conta a cantidade de dispositivos nos que se pode visualizar a nosa web. Cando empregamos os nosos Smartphones, pasamos máis tempo en Apss, sen embargo visitamos máis sites. É por esto polo que as webs deben estar adaptadas para os distintos dispositivos, tendo en conta cómo se consume a información dependendo do dispositivo.
  • Países emerxentes: o abaratamiento en certos países aumenta a cantidade de usuarios con acceso a internet.
  • Realidade virtual e video: aumentou o consumo destes elementos, por tanto son elementos a ter en conta a hora de desenvolver a nosa web.
  • Publicidade na web: Google establece unhas reglas para saber como e onde colocar os nosos anuncios na web que, de non cumplirse, poden levar consigo penalizacións.

 

cidade da cultura turismo tecnologico

 

Marcos Ordenes. Dende 2013 traballa como “Strategic Partner Manager fuere Apps” en Google.

  • Ter en conta os países emergentes pola mesma razón mencionada anteriormente.
  • Apps de redes sociais: son nas que os usuarios pasan a maior parte do tempo. Na maioria das ocasions é complicado atopar Apps en Google Store, polo que se conseguen poucas descargas, pero ademáis aquelas que son descargadas soen durar pouco nos Smartphones dos usuarios xa que acaban eliminandoas.
  • Consumo de video en aplicacións.

 

 

Juliana Alpendre. Traballa cos Desarrolladores Top de Apps & Videoxogos en España, Francia e UK, asistíndoos na optimización da súa monetización. Ela insiste en que:

  • É necesario facer a app máis agradable para que os usuarios queiran descargala.
  • Para que esta app sexa máis agradable e incite á descarga, é importante contar cun logo adaptado para a app, capturas de pantalla de funciones da app, vídeo informativo, información sobre a app, que a diferencia de outras…

 

Brigitte Seoane. Actualmente traballa no equipo de Online Partnerships de Google. Especializada en Adsense e Admob, traballa con editores e desarrolladores internacionais. Os seus proxectos céntranse na mellora de ferramentas para a optimización de producto e eficiencia de procesos.

  • Ecosistema dixital de Google.
  • Reglas para publicar anuncios: onde colocalos, que contido se penaliza, como funciona a penalización, canto tarda en volver a publicarse un anuncio se se penaliza, que facer para arranxar a penalización…

Algunahs notas que sacamos sobre a conferencia sobre Estratexias para Web & Apps:

Tendencias en web

  • A web é móvil e multipantalla, debemos ser conscientes e estar máis preparados a hora de desenvolver a nosa web. A conversión de visitantes en leads é menor tanto en e-commerce como en móvil, pero o consumo de video e mensaxería aumentaron en dispositivos móviles. Ademáis, a velocidade en móvil é crítica, e o consumo en dispositivos móviles é máis pequeno, máis efímero. ¿Debemos entón desenvolver unha App ou unha web móvil responsive? Depende! Os usuarios pasan máis tempo nas Apps, pero polo xeral teñen moi poucas no móvil. Ademáis, ainda que pasamos máis tempo las Apps e menos nos sites, consumimos moita máis información nestes últimos.
  • Países emerxentes: nos últimos anos produciuse un decrecemento lineal da poboación que non ten Internet grazas ao abaratamento das cotas e da adquisición de Smartphones (China é o mercado para Smartphone máis grande do mundo).
  • Creación de contido: hoxe en día os usuarios non só consomen información, senón que tamén son creadores de contido. Non hai barreiras, con todo isto fai á vez que aumente a competencia. Doutra banda é importante falar do fenómeno de Machine Learning, que implica máis personalización dos contidos grazas á aparición de máis creadores de contido (en 32% dos creadores do mundo está en Asia). Ademais, hai un maior acceso ás APIs, e os usuarios poden elixir que contidos queren consumir.

Tendencias en Apps

  • Máis Apps de seguridade.
  • Mercados emerxentes: aumentou a adquisición de Smartphones en países emergentes, polo tanto xeráronse máis Apps e descargas.
  • Tempo de falar: o mundo das Apps de comunicación é o máis grande, chegando a ir máis alá das mensaxes.
  • Aumentou a tecnoloxía das comunicacións, o que levou ao conseguinte aumento do video streaming.
  • Atención parcial dos usuarios.
  • Atraer audiencia creando un listado atractivo: título claro e curto (25 caracteres máximo), descripción clara e obxectiva, pantallazos, videos previews explicando a navegación da App.
  • Aprende con probas: optimiza as páxinas de fichas de Play Store con experimentos con texto ou iconos.
  • Integración de Analytics e Google Play.
  • Google Tag Manager
  • … e segue probando! (A/B testing, Staged Roll Out)

Estratexias para monetizar Web e Apps en turismo

Monetizar Web y Apps en turismo

 

  • E-commerce: sector en crecemento grazas ás melloras dos medios de pago ou o abaratamento dos custos de loxística. Ademais, reducíronse as barreiras, e facilítase a posible expansión internacional dos negocios. Con todo, a competencia neste ámbito é enorme.
  • Publicidade: produciuse un aumento do investimento en publicidade en internet porque é máis fácil de integrar, polo que necesitamos máis transparencia e eficiencia. Con todo, o tráfico aumentou considerablemente, e produce máis distracción nos usuarios, ademais de que xurdiron métodos de bloqueo da publicidade en liña (AdBlocker).
  • Afiliación
  • Suscripción
  • Formatos de publicidade en Apps
    • Nativos: ben integrados no formato e look da App.
    • Formato TrueView.
    • Modelo híbrido: IAP (In App Purchase) + Anuncios.
  • ¿Cómo optimizar os ingresos?
    • Entendendo aos usuarios – Analítica.
    • Emitir os anuncios axeitados á audiencia adecuada – Información de propiedade de Google.
    • Demanda fiable e alto volume – Segmentación.