A pasada quincena de Septembro tivemos a oportunidade de participar no Mes do Coperativismo, promovido por Ourense Cooperativa e en colaboración con Atelier Social, empresa responsable da organización dos seminarios, cursos e obradoiros cuxo obxectivo é dar a coñecer as oportunidades de negocio nos sectores do termalismo, turismo, TIC e cultura.

mes-do-coperativismo-ourense

 

A agrupación de Concellos de Ourense (Coles, Amoeiro, A Peroxa, Pereiro, Vilamarín e Ourense), como Oficina de Fomento Coperativo e da Economía Social integrada na Red de Eusumo, organizou durante este mes de Setembro o programa Ourense Coperativa, mediante o cal se fomenta un programa de actividades que permite aos asistentes identificar oportunidades de negocio, innovar, mellorar a xestión dos seus proxectos e medrar en novos mercados en torno a economía social. 

 

 

Dende Autoxiro puidemos aportar o noso gran de area a esta iniciativa mediante os seminarios divulgativos de fomento da economía social en dous dos sectores máis dinámicos da agrupación de concellos de Ourense: o termalismo e o turismo, en Ourense e A Peroxa respectivamente.

 

Nestes obradoiros, levamos a cabo unha presentación dos conceptos de termalismo e turismo, ademáis das suas posibilidades como xeradores de actividad económica en Ourense. Durante os debates cos asistentes, comentáronse algunhas das fortalezas e debilidades de ambos sectores na provincia ademáis de exemplos reais de empresas ou iniciativas que se teñen levado a cabo con éxito. Entre os asistentes puidemos descubrir diferentes inquietudes ou motivacións a hora de asistir a estas sesións, das que sairon con novas ideas e gañas de aplicalas nos seus proxectos.