Desde finais do ano pasado até estes primeiros días de 2017, puidemos coñecer moitas previsións sobre o que podemos agardar da industria turística para os próximos meses. Os futuros destinos de moda, as tendencias hoteleiras, as novas necesidades dos novos clientes, a influencia do big data ou (esta vez si) a chegada da robótica.

Aínda que somos curiosos e ávidos lectores de novidades e tendencias do sector turístico, nesta ocasión preferimos expresar algúns desexos máis realistas e próximos antes de xogar a futurólogos repetindo mantras de realidades alleas.

En vésperas de FITUR atopamos o momento ideal para compartir este seis desexos que contrastaremos con outros profesionais do turismo de Galicia polos corredores de IFEMA.

1. Coñecer ao turista 5.000.000.

Consideramos que o simple feito de acadar un determinado número de turistas non é un obxectivo adecuado para un destino, pero neste caso tamén pensamos que axudaría a visualizar a dimensión dun sector que necesita máis atención. Pendentes de coñecer as cifras definitivas do 2016, todo indica que estaremos preto de modo que todo o que sexa mellorar un ano de record ten que ser positivo. Tamén esperamos que este incremento no número de visitantes teña impacto tanto no volume de gasto turístico como na mellora da calidade do emprego xerado. Superar estas cifras sería un incentivo tanto para o investimento en novos proxectos como para a actuación en equipamentos que necesitan modernizarse.

2. Participar nun evento que sexa un punto de encontro para o sector turístico en Galicia.

Existe un evento onde boa parte do sector galego se reune e comparte experiencias. Celébrase en Madrid e chámase FITUR. Gustaríanos participar nun evento en Galicia onde poder coñecer os proxectos dos diferentes destinos, poñer cara aos seus xestores, decatarnos das liñas de traballo do Cluster ou da Axencia de Turismo e practicar networking con outras empresas e profesionais. Un evento atractivo no que sintamos obrigados a participar por interesante e produtivo. Este evento non existe así que hai que inventalo. Unha feira, un foro, unhas xornadas ou unha gala. Itinerante ou nun punto fixo. O formato sería secundario se entre todos presionamos e transmitimos esta necesidade para convertela en realidade. Precisamos un evento que axude a cohesionar o sector e a crear sinergías entre destinos, empresas, administracións e profesionais do turismo de Galicia.

3. Coñecer o Plan Estratéxico de Turismo de Galicia 2020.

Durante a segunda metade de 2016 participamos activamente e achegamos noso “gran de area” ao Plan Estratéxico de Turismo de Galicia 2020. Esperamos impacientes o resultado final e sobre todo pola posta en marcha dos programas e medidas que finalmente se propoñan. Na elaboración deste Plan participaron as universidades, organismos públicos, empresas e profesionais do sector, achegando ideas e propostas de modo que o documento final debe ser unha ferramenta útil e de consenso a medida das necesidades do sector.

A conectividade aérea, a reorganización do turismo rural, a promoción da imaxe de Galicia, a orientación dos errados xeodestinos ou a entrada da innovación nas empresas turísticas son algúns dos temas sobre os que hai que achegar solucións e que esperamos que enfoquen xa en 2017.

estrategia-de-turismo-de-galicia-autoxiro

4. Leer na presa algunha noticia ou reportaxe sobre o sector con un mínimo de (rigor)criterio.

Esperamos que algún medio vaia más allá de reproducir (e mal) as cifras de ocupación do INE, as notas de prensa oficiais glosando os records de chegadas de turistas e as reportaxes sobre o mellor lugar/praia/viño/bistec do mundo. Esto es extensible ás novas que tratan os temas de aeroportos, cruceiros ou Camiño de Santiago. As cifras de ocupación durante as pontes festivas, os índices de Trivago, o número de visitantes de las oficinas de turismo o la declaración de supuestos “expertos” no deberían tener interés informativo ni para los medios ni para los lectores pero ofrecen titulares recurrentes.

Algo falla y deberíamos encontrar la raíz del problema para reconducirlo. O el sector transmite mal, o los medios no entienden al sector, o estamos tan acomodados tratando siempre los mismos temas de la misma manera que ni nos planteamos cambiar nada. Trabajemos juntos para crear un “manual de estilo” que beneficie a todos y nos ayude a generar contenido de calidad que permita visualizar la auténtica dimensión de la actividad turística en Galicia.

5. O despegue do Enoturismo.

Un segmento que foi apoiado pola administración como poucos é o do enoturismo. Creáronse rutas, marcas, produtos e infinidade de eventos promocionais, pero chegamos a 2017 e salvo casos puntuais as cousas non acaban de funcionar. Entes sen medios humanos nin económicos, adegueiros que non apostan polo turismo, ofertas desestructuradas e proxectos que non pasan da fase de estudo manteñen ao enoturismo galego nunha fase embrionaria que non é capaz de superar. Atopamos iniciativas interesantes e exemplos de lugares onde se dan moi boas prácticas de modo que temos as ferramentas para que funcione se somos capaces de recoñecer os erros cometidos e de reorientar tanto os produtos como as estratexias de promoción. Potencial, recursos e xente preparada temos dabondo.

6. Deixar de ver presentacións de concellos no stand de Galicia en FITUR.

Este é un desexo imposible para 2017 pero incluímolo como aspiración para 2018. Na caseta de Galicia de FITUR non se promociona, nin se vende nin se sitúa nada que leve formato de presentación. Non ten sentido que os concellos presenten alí a súa última campaña, e moito menos a súa festa gastronómica ou patronal. Nin as degustacións nin a presenza de famosos contribúen a difundir ningún produto sobre todo nas xornadas dirixidas ao público supostamente profesional. Despois de asistir por centos de presentacións e constatar que se celebran practicamente “en familia” e que soamente son apuntados na prensa local, estamos en disposición de afirmar que son unha pérdida de tempo.

Encantaríanos atopar un programa con poucas presentacións pero de eventos e proxectos relevantes, maior espazo para o intercambio entre empresas e profesionais, menos folletos promocionais, apoio para organizar axendas e traballo previo para atraer operadores cos que poder colaborar para mellorar a competitividade dos nosos destinos e empresas.

 

fitur stand galicia autoxiro turismo

 

Unha lista composta por pequenos, realistas e necesarios desexos que, de materializarse, proxectarían unha imaxe dun sector moderno e maduro onde cada un dos seus integrantes tómase en serio o seu papel.