Onte na oficina de Autoxiro tivemos a oportunidade de acoller o evento de Google Partners Connect, ao que asistiron diferentes profesionais do sector turístico cos que puidemos disfrutar dunha xornada de formación e networking, abrindo un debate sobre tecnoloxía e planificación turística.

formacion y networking Google Partners Autoxiro

 

Entre os asistentes ao evento contamos con emprendedores do sector turístico, representantes dos concellos de Ribadavia e Beariz, de Ruta do Viño do Ribeiro, do departamento de comunicación de Caldaria e de empresas do sector servizos como o Parque Náutico de Castrelo.

 

Tras as primeiras presentacións dos asistentes, demos paso a conferencia en diferido dos representantes de Google. Con Fuen Clemares puidemos entender a importancia crecente que están adquirindo os Smartphones en todos os ámbitos da nosa vida, e con eles a necesidade de integrar unha estratexia móvil adecuada nas campañas de marketing de calqueira empresa.

 

Fuen Clemares Autoxiro Google Partners

 

Miquel Moya falounos do panorama actual do sector en España, ademáis da relevancia dos micro-momentos na vida de todos os usuarios, e cómo o sector turismo pode beneficiarse estructurando as estratexias de comercialización e marketing en torno a eses momentos.

 

Miquel Moya Autoxiro Google Partners

 

Seguidamente puidemos abrir unha sesión de networking onde se intercambiaron impresións sobre a situación actual do sector, tanto dende o punto de vista de institucións públicas coma privadas. Falouse da necesidade de innovar nos procesos e estratexias de marketing para así poder adaptarse ao cambiante mundo do viaxeiro, que está integrando o teléfono móvil e Internet en todo o proceso de reserva de viaxes, dende a compra de billetes de avión asa a reserva de aloxamento. Ademáis, debatiuse sobre o importante que resulta facer unha correcta planificación dos recursos turísticos dn destino e da necesidade de colaboración entre institucións públicas e empresas privadas, todo elo marcado pola experiencia profesional de cada un dos asistentes.

 

formacion y networking Google Partners Autoxiro

 

A nosa experiencia como anfitrións neste evento de Google Partners Connect foi moi positiva. Seguida atentos se vos interesa poder participar nalgún, porque esperamos que este fose o primeiro de moitos.