Queremos invitarvos ao evento Google Partners Connect en Autoxiro, que pon a vosa disposición a dos dos seus profesionais o 31 de Maio para axudarvos a acadar os vosos obxectivos empresariais online. Será a oportunidade perfecta para aprender cómo conseguir que o voso negocio medre no mundo online coa axuda de expertos en publicidade e marketing digital.

perfect

 

Poderedes asistir a emisión en diferido da ponencia de dous expertos de Google, Fuen Clemares e Miquel Moya Porcel.

 

Fuen ClemaresFuen Clemares

Sector Lead Travel, Telecom & Retail (Google España)

Licenciada en Empresariais e MBA polo IESE en 2000. Especializada en Marketing e asesoramento a empresas de distribución despois de 7 años en consultoría estratéxica en McKinsey&Company, despois do que se incorporou a Carrefour como Directora de Compras na División de Casa-Fogar. Deixa o mundo “físico” e pásase ao mundo online con Google, como Directora de Retail e Bens de Consumo. Actualmente lidera os sectores de Retail, Tecnoloxía e Clasificados en España.

 

 

 

Miquel Moya Porcel

Miquel MoyaSector Lead Travel & Retail (Google España)

Licenciado en Física e en Administración de Empresas, con Máster en Seguridade Industrial e un MBS polo IESE. Comenzou a sua carreira profesional traballando como consultor, asesorando empresas bancarias e de telecomunicacións sobre a mellora dos procesos de negocio a través da tecnoloxía. Posteriormente uniuse a Barceló Hotels & Resorts para executar as operacións de ventas globais, e anos máis tarde convertiuse en Director Global de Ventas e Digital Business. En 2013 uniuse a Google, convertíndose en Director de Retail, Fashion and Travel, onde asesora e axuda aos clientes sobre a maneira de obter o máximo proveito do negocio dixital.

 

 

A xornada comezará o día 31 de Maio as 16.30, hora a partir da cal asistiremos a sesión en diferido dos profesionais de Google. Despois desta, iniciaremos unha sesión de networking para resolver todas as vosas dudas respecto ao potencial do voso negocio no mundo dixital.

 

¿Queredes coñecer as posibilidades do vosonegocio no mundo online? Podedes dar o primeiro paso rexistrándovos xa para asistir a este evento de Google na oficina de Autoxiro.

 

Google partners connect autoxiro

 

 

Evento sobre estrategia online con Google

 

¿Tenéis alguna duda? Contactad con nosotros!