O marketing dixital caracterízase por ser un sector moi cambiante no que todo bo profesional precisa reciclar os seus coñecementos. Non cesan de xurdir novos conceptos que nos fan cambiar as nosas estratexias de traballo, sempre buscando acadar mellores resultados. Entre estes, últimamente fálase moito do Inbound Marketing.

Inbound Marketing turismo autoxiro

Soa ben, ¿non si? Pois vexamos en qué consiste e cómo empregalo na nosa empresa turística.

Inbound Marketing no sector turístico?

Antes de comezar a falar do que é, precisamos cambiar o chip. Xa non se trata de perseguir ó noso público obxectivo con contidos interruptivos (como fai o Outbound Marketing), senon de atraelo de maneira natural mediante contidos que poidan interesarlle, que poidan resolver algún dos seus problemas. Sen embargo, unha metodoloxía non exclue á outra xa que a estratexia ideal complementaría o Inbound Marketing e os métodos tradicionáis.

[bctt tweet=”#inboundmarketing en #turismo: Non persigas e molestes ós teus turistas, enamóraos con contido atractivo” username=”autoxiro”]

Non falamos dunha única acción que debamos levar a cabo para aumentar o movemento nas nosas redes sociales, web ou blog, senon máis en dun un conxunto de accións que poden axudarnos a aumentar o número de leads. Para aqueles que esteades comezando a vosa andadura no mundo dixital, os leads son todos aqueles usuarios que deciden facilitarnos algunha información básica (como nome ou correo electrónico) a cambio de ter acceso a algún contido do seu interés. Porque por se aínda non o sabiades, a información é ouro no mundo do marketing online.

 

Con todo, o noso traballo non acaba ó captar usuarios e convertilos en leads, senon que se busca conectalos a todos os niveis coa nosa emrpesa turística e preparalos para que se convirtan en clientes. ¿Cómo? Seguindo a metodoloxía do Inbound Marketing no sector turístico dunha maneira constante.

[bctt tweet=”O Obxectivo é atraer usuarios e lograr que se convirtan nos nosos #turistas #inboundmarketing” username=”autoxiro”]

Como usamos o Inbound Marketing no sector turístico?

Pensemos que temos un negocio no sector turístico, xa sea un hotel, un restaurante, unha axencia de viaxes ou tamén podería ser un destino turístico. Como xa temos dito, o Inbound Marketing é unha metodoloxía que implica un conxunto de accións e non unha soa, e que se basa en catro fases fundamentais:

inbound marketing turismo autoxiro

 

1) Atrae

É evidente que a toda empresa lle interesa aumentar o tráfico da súa web, pero ¿cómo facelo? Hai multitude de recursos axeitados para lograr que un descoñecido se volva un visitante da nosa web, como publicar no noso blog e compartilo en redes sociais ou optimizar os motores de búsqueda (SEO) traballando as nosas palabras clave. Pero sempre recordando que é necesario coordinar todas as nosas accións para chegar a unha estratexia conxunta.

[bctt tweet=”Atrae #turistas empregando contido, as redes sociais, SEO, publicidade… #inboundmarketing #turismo” username=”autoxiro”]

 

2) Converte

Xa logramos convertir a estraños en visitantes, pero seguen sendo descoñecidos. Para que os usuarios estén dispostos a proporcionarnos algún tipo de información de contacto (como os seus correos electrónicos) e xerar así unha oportunidade de venta precisaremos ofrecerlles algo a cambio, como e-books, artigos especializados ou calquera contido turístico que poida ser do seu interese dependendo do perfil dos nosos consumidores. Para convertir ós nosos visitantes en leads podemos empregar as chamadas á acción (CTAs) ou formularios para, por exemplo, suscribirse ó noso boletín e recibir información turística ou ofertas personalizadas.

[bctt tweet=”Para que un visitante che proporcione información, tes que darlle algo a cambio #inboundmarketing #turismo” username=”autoxiro”]

 

3) Vende

Agora a nosa base de datos aumenta, e con ela as oportunidades de venda. Nesta fase podemos usar diferentes ferramentas para lograr pechar algunas desas oportunidades, como a calificación de oportunidades de venda (Lead Scoring).

[bctt tweet=”Para conquistar ós nosos #turistas, a mellor maneira é persoalizar o proceso de compra #inboundmarketing #turismo” username=”autoxiro”]

Unha vez sabemos en qué punto se atopan estes leads, é hora de informarlos sobre os beneficios de determinados produtos nos que estén interesados (Lead Nurturing), para o que será moi beneficioso automatizar o noso marketing e integralo todo co noso sistema de xestión de relacións co cliente (CRM).

 

4) Fideliza

A metodoloxía do Inbound Marketing básase en proporcionar contido de calidade e interés ó noso público, xa sexan novos visitantes, leads ou clientes. Que conseguísemos unha venda non significa que se deba desatender a ese usuario, fidelizalo aportaranos moitos máis beneficios: involucrarase coa nosa empresa turística e comezará a recomendala a outros usuarios, convertíndose nun perfecto promotor dos nosos produtos e servizos.

[bctt tweet=”A base do #inboundmarketing é o contido de calidade e interese para os nosos #turistas” username=”autoxiro”]

Para lograr manter satisfeitos ós nosos clientes e ademáis seguir atendendo ós nosos leads, podemos automatizar o noso marketing e recurrir ao mailing para enviar contido personalizado para cada tipo de cliente, ademáis de ofrecer nos distintos perfiles sociais do noso negocio un servicio ao cliente persoalizado e en tempo real.

 

Social Media Autoxiro

 

Non se trata dun proceso cun principio e un final, senon máis ben dun círculo. Aqueles clientes satisfeitos e contentos co noso contido personalizado e de calidade falarán de nós a usuarios descoñecidos, e con eles se reinicia o proceso do Inbound. Por eso é tan importante sincronizar todas as nosas accións e ser constantes nos nosos esforzos, para que os resultados do noso negocio turístico sexan os esperados. 

 

 

Mantente atento a vindeiros posts, onde continuaremos dándoche pistas para implementar o Inbound Marketing no teu negocio do sector turístico. Pero se non podes esperar… Contáctanos!