Esta mañá Autoxiro asistiu a unha nova xornada do Plan Formativo do Clúster de Turismo de Galicia, punto final dunha serie de xornadas nas que estivemos participando durante os meses de Outubro e Novembro e que estiveron enmarcadas no Plan Integral de Turismo de Galicia (PITGA).

 

Durante esta zornada de clausura do Plan Formativo do Clúster de Turismo de Galicia, celebrada no Centro de Innovación Cultural (CINC) da Cidade da Cultura, foi Francisco González (presidente del CTG) o encargado da inauguración, felicitando ao equipo e os participantes das actividades polo seu traballo dirixido a diferenciación e busca de calidade dos servizos e xestión das empresas do sector turístico galego.

 

Os encargados de pechar este conxunto de actividades formativas foron Jimmy Pons, Innovation Maker en Blubay Hotels, e Fernando Gallardo, crítico de hoteles en El País. Durante a primeira intervención, Jimmy Pons destacou a necesidade de innovar no sector turístico, algo que non necesariamente está ligado a tecnoloxía. Pódese innovar de moitas maneiras, como coñecendo os nosos consumidores e preguntándolles directamente qué é exactamente o que precisan, empregando a experiencia de persoas reais para promocionar as nosas instalacións ou personalizando os nosos servizos. O mundo evoluciona inevitablemente, e é a nosa responsabilidade descubrir cómo aproveitarnos delo utilizando a innovación como aliada.

 

dav

 

Pola sua parte, Fernando Gallardo falounos sobre as tendencias actuais, sobre cómo está afectando a revolución tecnolóxica ao sector turístico, sobre a evolución inevitable cara a sustitución robótica do factor humano no mundo laboral.

 

dav

 

Para pechar a xornada, o conselleiro delegado de IFFE Business School, Manuel Carneiro, foi o encargado de expor os resultados obtenidos durante o Plan Formativo e entregar os certificados de participación aos asistentes do programa, momento ao que tamén asistiu o director de Competitividade de Turismo de Galicia, José Luis Maestro.

 

dav