Durante as últimas semanas tivemos a oportunidade de colaborar na Elaboración da Estratexia de Turismo de Galicia, promovida polo Clúster de Turismo de Galicia. Integrados no equipo da consultora Ideara, colaboramos no proxecto “Asistencia técnica para o desenvolvemento da participación activa e escoita do sector na elaboración do Plan Estratéxico de Turismo 2017-2020”.

estrategia-de-turismo-galicia-autoxiro

 

As labores nesta fase do proxecto viraron en torno á celebración de entrevistas con axentes clave tanto do sector privado como da administración, ademáis da moderación de mesas redondas nas que se recolleron ideas e propostas que agora se deberán organizar para incorporar á estratexia.

estrategia-de-turismo-de-galicia-autoxiro-mesa

Esta experiencia é motivo de satisfacción para o equipo de Autoxiro, xa que nos permitiu afondar no coñecemento do sector turístico galego e aportar o noso gran de area para o desenvolvemento e mellora de Galicia como destino turístico.

 

Para máis información, poderedes consultar a web de Estratexia de Turismo de Galicia e coñecer o proxecto máis en profundidade.
estrategia-de-turismo-de-galicia-autoxiro