A semana pasada Trivago publicaba a súa ranking de reputación online hostaleira das provincias españolas, baseado en máis de 9 millóns de opinións de turistas.

Nomes de provincias galegas entre os primeiros postos

Por segundo ano consecutivo, A Coruña obtén o mellor índice de puntuación da súa plataforma de hoteis (82.30 puntos), seguido de preto por Córdoba (82 puntos). Pero ademais outra provincia galega destaca este ano, xa que Ourense sobresae como a provincia cuxa reputación online hostaleira creceu máis.

Dos 12 primeiros postos da lista das provincias con mellor reputación online hostaleira, podemos destacar tres territorios galegos: A Coruña, Lugo e Ourense. Isto contribúe a que, falando do conxunto das comunidades autónomas españolas, Galicia sitúese no segundo posto dos destinos mellor valorados online polos turistas, precedida por Navarra e seguida por Asturias.

 

 

reputación online hotelera

 

Se queres coñecer máis detalles sobre o informe de Trivago, podes consultar o ranking de índices de todas as provincias de España.