Os vídeos son unha das ferramentas máis empregadas para a promoción dun destino turístico. Existen multitude de formatos e tantas posibilidades como a creatividade e o orzamento dispoñible o permitan.

Para acadar bos resultados sería ideal que a decisión de producir un vídeo se tome a partir da existencia dunha estratexia ou folla de ruta para o desenvolvemento turístico de cada cidade/destino/provincia. É moi necesario que a estratexia teña en conta o deseño dun plan de difusión para que os vídeos acaden o maior alcance posible e cheguen no momento adecuado ao noso público obxectivo.

Read More