Fitur-2013As feiras van a menos. Fitur non é o que era. Internet provoca que non teña sentido. . . 

Comparto moitas das críticas ao modelo de feira tradicional pero sen dramatizar. É certo que están anticuadas, que os gastos son desorbitados e sobra moita vaidade e narcisismo. A actividade “profesional” está moi diluída e os obxectivos tampouco están claros pero, a pesar de todo, estamos ante un evento único que agardo impacientemente.

É posible que a a volta, cando fagamos balance, teña que escribir o “catro grandes motivos para non volver” pero a miña última experiencia, en Fitur 2012, recordoa como moi satisfactoria.

O mais importante para sacar partido desta viaxe é saber a que imos. A dimensión e formato da feira dificultan a actividade comercial e imposibilitan o éxito de calquera intento de acción promocional. Presentar algo “entre amigos” para lograr repercusión na prensa local non compensa así que é mellor non malgastar enerxías en algo que non funciona.

Ir lixeiro de equipaxe é outra clave. Nin caseta, nin azafatas, nin petiscos nin gastos innecesarios. Recomendo participar como co-expositor con Turgalicia para asegurar a visibilidade do destino cun coste mínimo.

Con estas premisas podemos dedicar o 100% do tempo a coñecer xente, facer contactos, escoitar propostas, sacar fotos, twittear, saudar a vellos amigos e participar en talleres, eventos ou conferencias. Hai moitos mais pero o meu catro grandes motivos para ir a Fitur son:

1. Pasamos o tempo falando por mail, twitter, whatsapp e tamén por teléfono pero os proxectos gañan un “plus” cando é posible o contacto cara a cara. En Fitur poreime ao día de como van as “Rutas de Viño”, o clube de produto “Saborea España” ou a rede “Cidades Ave”. Falarei coas empresas e institucións que axudan á comercialización e promoción de Ourense e intentaremos madurar vellas e nuevas propostas. Este contacto humaniza os proxectos, mellora os resultados e facilita a resolución de posibles problemas futuros.

2. Nnun folleto, nunha presentación, nunha tarseta de visita ou na decoración dun stand podes atopar unha nova idea. As posibilidades de aprender son infinitas tomando un café cun consultor, cun blogger ou cun axente de viaxes. Incluso podes atopar a inspiración paseando entre stands “horteras”, xente disfrazada, xubilados (e también mozos) ao asalto de mostradores e degustacións de caipirinhas. Durante os meus tres días de presencia na feira espero anotar miles de ideas para aplicar na web, na oficina, nos folletos, nos eventos gastronómicos ou para trasladar a algún restaurador ou hoteleiro local.

3. Tamén cos do resto do mundo pero Fitur é o único momento do ano onde coincido con colegas de outros destinos e organismos turísticos galegos. Aínda que que sexa fugazmente espero saludar e intercambiar algunhas impresión con xente da Coruña, Ferrol, Sanxenxo ou Santiago de Compostela entre outros. É raro, pero ninguén en Galicia se preocupou (ou nos preocupamos) de crear un foro onde compartir as problemáticas e retos do sector. Agardo que a asociación recentemente constituida Proturga contribúa a cubrir parte dese oco.

4. Físicamente a feira é agotadora. Non tanto como pasar o día podando unha viña pero a moqueta e tantas horas de pé, falando sen parar, acaban comigo. Este desgaste físico queda de sobra compensado co nivel de actividade mental que provoca sair uns días da oficina, cambiar de aires e intercambiar ideas con tanta xente comprometida e ilusionada cos seus proxectos. Regresas canso pero cargado de solucións para afrontar con ánimo o traballo pendente dos meses siguintes.

En resumo, vou a Fitur para facer networking e relacións públicas. Ti a que vas?

Xirando dende a Francelos Business School (FBS)