BOOKING é unha axencia de viaxes online (OTA) lider a nivel mundial para reservar aloxamento. Os comentarios e puntuacións dos usuarios son a principal referencia para clasificar os establecementos e ofrecen un detalle e un nivel de fiabilidade moito máis recoñecido que as clásicas clasificacións por estrelas ou chaves.

 

booking autoxiro turismo que te mueve

 

Nesta plataforma tamén é posible facer valoracións sobre os destinos de modo que temos unha base de datos con millóns de comentario que Booking organiza creando listas e rankings que traslada ao seus usuarios a modo de recomendacións. Estes datos deben funcionar como información adicional para apoiar a toma de decisións no momento de reservar un hotel ou casa de turismo rural ou como fonte de inspiración para unha próxima viaxe.

 

Estamos ante unha ferramenta moi útil que permite coñecer a imaxe dun destino a partir das opinións dos viaxeiros. Somos conscientes que é unha imaxe sesgada e en parte orientada aos intereses da operadora pero con tal volume de datos e a súa predominancia no mercado merece a pena invertir algo de tempo investigando.

Procedemos a revisar o tratamento que recibe Galicia en Booking para dar resposta as seguintes preguntas:

  • Qué motivos teñen os viaxeiros para visitar Galicia?
  • Cáles son as actividades preferidas dos visitantes?
  • Cáles son os destinos máis apreciados?

 

Os “Top Ten” dos destinos de Galicia mellor valorados e os motivos para visitalos son:

 

1. Santiago de Compostela

A todo el mundo le gusta la lluvia en esta ciudad. Cae sobre las calles medievales adoquinadas, chorrea por los edificios renacentistas y barrocos, y gotea sobre los toldos de las cafeterías. Hace que la ciudad brille. Con lluvia o sol, creas o no creas, Santiago de Compostela te sorprenderá.

booking autoxiro turismo santiago

 

Con esta frase describe Booking a Santiago de Compostela ao que presenta como o destino mellor valorado de Galicia. A principal recomendación dos viaxeiros é “Casco Histórico” e o que máis gusta son a Catedral, os “paseos pola cidade” e o “bo ambiente”.

2. A Coruña

As tres principais razóns para visitar A Coruña son: comida, paisaxe e praia.

 

3. Vigo

Un bo lugar para comer pescado e marisco que tamén destaca polas súas praias.

 

4. Ribadeo

Ribadeo aparece recomendado pola paisaxe, para dar paseos pola costa e pola tranquilidade.

5. Lugo

Recomendan o casco histórico, a comida e sobre todo “comer tapas”.

 

6. Ourense

A principal recomendación son as augas termales seguido do casco histórico e “comer tapas”.

7. O Grove

Destacado para comer pescado e marisco, polas praias e a paisaxe.

 

8 . Pontevedra

Pontevedra destaca polo seu casco histórico, por paseos pola cidade e pola comida.

9. Poio

Poio aparece recomendado pola tranquilidade, paisaxes e rutas turísticas

10. Sanxenxo

Praias, relaxación e comida son os principais atributos de Sanxenxo

 

galicia booking autoxiro turismo

 

O máis destacado de Galicia para os usuarios de Booking son os seguintes lugares/experiencias:

Illas Cíes

Visita las Islas Cíes y rodéate de naturaleza pura y de las aguas cristalinas de una de las mejores playas del mundo, La Playa de Rodas.

 

Tapas nos furanchos tradicionais

Prueba vinos caseros y tapas tradicionales en estos bares de estilo bodega muy habituales en los pueblos de Pontevedra.

 

Marisco nas Rías Baixas

Esta localidad costera destaca por su marisco fresco: ostras, mejillón, cangrejos y percebes. Todo bien acompañado por una copa de vino local.

 

Termas de Ourense

Disfruta de un baño en la piscina de agua termal del centro de Ourense o relájate en los spas o termas que hay a lo largo del río Miño.

 

Asentamentos celtas

Los asentamientos celtas del Monte de Santa Tecla tienen vistas al Atlántico, al estuario del Miño y a los bosques de Galicia y Portugal.

 

Pallozas na Serra dos Ancares

Descubre como vivían antiguamente en los pueblos de la Sierra de los Ancares, donde las bonitas pallozas dan un toque de originalidad al paisaje.

 

Surf na Praia de Pantín

Considerada una de las playas con mejores olas de España, Pantín tiene olas de derecha y de izquierda. Aquí se organizan importantes eventos de surf.

Casco Histórico de Santiago de Compostela

Pasa por delante de mansiones renacentistas y prazas rodeadas de restaurantes antes de llegar a la catedral, punto final del Camino de Santiago.

Cantís de Loiba

Respira la brisa del mar en estos espectaculares acantilados verdes que dominan el lugar donde se encuentran el mar Cantábrico y el Océano Atlántico.

Costa da Morte

Desde Malpica a Finisterre la espectacular Costa da Morte se alza sobre cien playas naturales, acantilados abruptos y magnificas vistas.

Estes son os destinos e experiencias que referencia Booking na súa web. Son listados dinámicos que actualizan con frecuencia en función do volume e orientación dos comentarios. Mostra unha imaxe tópica de Galicia concentrada nas Rías Baixas, marisco e continuas referencia a gastronomía con toques de tradición e mundo celta. O peso das Rías Baixas é grande pois a seguir do “top ten” de lugares aparece A Lanzada, Portonovo e Baiona

Santiago de Compostela presenta un tratamento especial como destino máis destacado con algunha descripción e detalles adicionais. A referencia principal é que chove e que a todo o mundo lle encanta a choiva compostelana.

No apartado gastronómico non aparecen referencias a “estrelas michelin” nin soles nin a produtos con denomicacións de orixe. Viño local e furanchos e marisco son a experiencia recomendada neste apartado.

No interior, as únicas referencias son as termas de Ourense, a cidade de Lugo e os Ancares. Non hai mención ás vilas, nin aos espazos protexidos, nin a Ribeira Sacra nin as festas. A única referencia á Ruta Xacobea é a cita de Compostela como punto final do camiño.

No norte, as tradicionais referencias a San Andrés de Teixido ou a praia das Catedrais son ocupadas polos Cantís de Loiba, a Praia de Pantín e a inclusión de Ribadeo entre os lugares máis destacados.

Chámanos a atención a imprecisión en algunhas descripcións como referirse as Rías Baixas como unha “localidade costeira”, empregar a palabra “cangrejo” ao falar do marisco ou definir os furanchos como “bar estilo bodega”. Cunha lectura máis sosegada caemos na conta que este vocabulario é o habitual entre turistas e visitantes e que Booking non fai máis que recollelo e organizalo. No caso das imaxes que ilustran os lugares tamén atopamos algún erro pois no apartado da cidade de Pontevedra aparece unha imaxe de Raxó en Poio, ou en Ourense unha do campamento romano Aquis Querquennis en Bande. Cando se refire as termas aparece unha foto xenérica que non somos capaces de ubicar e que non representa as coñecidas Outariz ou Chavasqueira.

Así nos ven, así nos definen e así nos describen os usuarios de Booking. Rías Baixas, marisco, paisaxes costeiras, Santiago de Compostela, termas de Ourense, praias e pouco máis. Debemos tomar nota da referencias as praias pois a pesar de ser un dos principales factores de atracción de Galicia e de concentrar no seu entorno unha boa parte da oferta de aloxamento atopamos moitas voces que rexeitamos a etiqueta de destino de sol e praia para Galicia.

Unha vez realizado este exercio de análise deixamos ao lector a reflexión e resposta as seguintes preguntas:

Coinciden estas descricións coa realidade?

Qué se están perdendo de Galicia os usuarios de Booking á vista deste resultados?

Nota: O ranking dos dez lugares máis destacados é dinámico e a orde pode mudar incluso varias veces no mesmo día.